Biografía de Vicente Risco

· Mozo dandi e provocador, a loitar contra os filisteos.
· Neosofista e orientalista.
· Funda a revista «La Centuria».
· Remata Dereito.
· Funcionario da Facenda.
*
· Vai a Madrid a estudar Filosofía e Letras. Alumno de Ortega.

· Catedrático de Normal de Mestres.
*
· Evolúe do universal ao particular, da man de Losada Diéguez.
· Crea e dirixe a revista «Nos» (1920-1936), coa redacción na súa casa de Santo Domingo 47.

· Publica «Teoría do Nacionalismo Galego» (1920).
· En 1930 viaxa por Centroeuropa. Catro anos despois sae o seu incomparábel libro «Mitteleuropa».
· Nás vésperas da Guerra Civil constitúe Dereita Galeguista.
*
· Longo exilio interior, condenado ao ostracismo pola sinistra e mais pola destra.

· Nos anos 40 proba sorte na «Capital de España» e non a acada.
· Porén escribe moito e mantén un sinxelo e cordial maxisterio dialóxico coa xente nova, nas súas tertulias.