A Irmandade

A Fundación Otero Pedrayo é unha fundación cultural de dereito civil que ten como obxectivo manter viva a memoria e a promoción da obra do “Patriarca das Letras Galegas”, Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976), a través da custodia da súa Casa Museo de Trasalba, no concello de Amoeiro (Ourense).

A Fundación Castelao ten por obxecto estimular e favorecer a cultura galega en xeral e, en particular, o fomento das artes plásticas, etnografía, socioloxía, economía e política galegas, narrativa e teatro, campos nos que se distinguiu o xenio de Castelao. O medio de expresión será a lingua galega.