Vicente Risco

  • Mozo dandi e provocador, a loitar contra os filisteos.
  • Neosofista e orientalista.
  • Funda a revista «La Centuria».
  • Remata Dereito.
  • Funcionario da Facenda.
  • Vai a Madrid a estudiar Filosofía e Letras.
  • Alumno de Ortega.Catedrático de Normal de Mestres.
  • Evolue do universal ao particular, da man de Losada Diéguez.
  • Crea e dirixe a revista «Nos» (1920-1936), coa redacción na súa casa de Santo Domingo 47
  • Publica «Teoría do Nacionalismo Galego» (1920).
  • En 1930 viaxa por Centroeuropa. Catro anos despois sae o seu incomparábel libro «Mitteleuropa».
  • Nás vésperas da Guerra Civil constitue Dereita Galeguista
  • Longo exilio interior, condenado ao ostracismo pola sinistra e mais pola destra.
  • Nos anos 40 proba sorte na «Capital de España» e non a acada.
  • Porén escribe moito e mantén un sinxelo e cordial maxisterio dialóxico coa xente nova, nas súas tertulias.