Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936

O presente volume é o resultado das ponencias e debates do curso de verán que, baixo o mesmo título, foi organizado pola Fundación Vicente Risco en colaboración coa UdC e que se desenvolveu en Ourense entre o 13 e 16 de setembro de 2010.

Neste libro reúnense un conxunto de dezanove estudos dedicados a analizar a relevancia que as viaxes tiveron na formación das elites intelectuais galegas de preguerra, e a reflexionar sobre o papel que esas mesmas viaxes desempeñaron na construción do discurso identitario elaborado na Galiza no primeiro terzo do século XX. En concreto, os autores e autoras que participan nel son os seguintes: Xosé Somoza Medina, María López Sández, Carlos Velasco Souto, Mª Pilar García Negro, Pablo Gallego Picard, Ricardo Gurriarán, Kathleen March, Manuel Forcadela, Anxo Angueira, Francisco Salinas Portugal, Alberto Allegue Leira, Jose Mª Eguileta Franco, Bieito Alonso Fernández, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, Camiño Noia, Luis Martínez-Risco Daviña, Arturo Casas, Marga Romero Lorenzo e Xosé Ramón Pousa.

Editado polo servizo de publicacións da Universidade da Coruña e a Fundación Vicente Risco, é distribuído polo Consorcio Editorial Galego. PVP 18,00 €.