Amosando 33–48 de 77 resultados
-

-

-

Hisoria de Oriente contada de xeito sinxelo
18,00 €Non se trata dun libro de ciencia histórica ao uso. Nesta obra, condensa as reflexións de toda unha vida arredor do mundo oriental desde a visión de un europeo non occidentalista
-

Historia de Muíños e muiñeiros/as na cerna de Galicia
20,00 €A obra trata do patrimonio etnográfico e material, mais tamén recolle como se traballaba, socializaba e se vivia nos muíños. Ao tempo na obra deixa traslucir a transformación económica, social e cultural sufrida na sociedade do rural galego.
-

Home
16,00 €Novela indética de antón Risco, publicada co gallo do centenario do seu nacemento. Novela curta, totalmente dialogada e sen narrador, organizase para dar resposta a unha pregunta central: o fascista nace ou faise?
-

-

Levantar a paletilla caída. Medicina integrada na tradición galega
20,00 €A partir das facetas profesionais da autora – fisioterapeuta e antropóloga -, tenta achegar novas respostas non só a cuestións antigas senón tamén a problemas actuais, convidando a unha reflexión sobre o estado actual da medicina volvendo a ollada a outras formas de entender a saúde e a enfermidade.
-

Liberdades antigas, tempos modernos. O republicanismo de Castelao
18,00 €Análise do republicanismo, entendido como cultura política, na teoría e na praxe de Daniel Castelao. Un republicanismo democrático que entende que a comunidade precede o individuo e que refuga da concepción da liberdade como abstracción formalista para outorgarlle contido e substancialidade
-

Libro das horas
18,00 €Tradución a galego, por Tomás González Ahola, da escolma realizada en 1961 polos amigos de de don Vicente. de artigos publicados en La Región co título de “Las horas”. Un fermoso exemplo de xornalismo literario.
-

Lousas
16,00 €Carlos Fabián González , capitán da policía de Bos Aires , debe realizar unha obrigada viaxe á Galiza por mor da morte do seu irmán Mauricio . Chegado á bisbarra interior na que este exercía como médico rural , unha serie de indicios lévano a pensar que o accidentge de coche que lle levou a vida a Mauricio se cadra no foi casual . Todos os personaxes cos que se vai atopando guindan máis sombras que luces e , de fondo , sempre ferindo a paisaxe , a omnipresente mina de lousa arredor da que todo vira nese lugar illado : o traballo , a propiedade da terra , o diñeiro e mesmo a política .
-

MemOria
16,00 €A memoria é un espazo en reconstrución. Como unha novela cruzada polos xéneros. Como unha cidade de provincias que nunca se encontra a si mesma. MemOria é unha novela rebelde ás etiquetas de cores, que mantén un singular xogo coa realidade. Unha novela de transuntos e álter egos nunha cidade contada en primeira persoa. Unha historia de historias construída coa ironía como arma de defensa colectiva. MemOria é unha novela de Arturo Lezcano que conseguiu ser, ao tempo e sen desvío, protagonista e narrador dunha época. Ese tempo no que resistir e facer o correcto eran a mesma cousa. Como agora.
-

Mitoloxía Cristiá
16,00 €Escrita en 1962, un ano antes da sua morte, é unha obra fundamental para comprender o conxunto e a profundidade do pensamento de Vicente Risco. Na obra, o autor trata do ser humano, da sua natureza, das suas capacidades e do seu destino.
-

O anxo de Durero
16,00 €Dous mortos: un mozo que restauraba unhas pinturas medievais, e o mecánico que lle amañara o coche no que sufriu o accidente. Unha nai obsesionada en esclarecer o sucedido. Un crego que mira mira piadosamente polos intereses da parroquia. Unha aldea a piques de desaparcer. Unha prostituta rusa. Un chulo de maneiras expeditivas. Un empresario que fixo fortuna en panamá nos tempos da ditadura. E un profesor xublidado que se verá metido na investigación por lealdade a un amor de xuventude, e porque “non ten nada mellor que facer”
-

O Corpus Christi de Allariz. Inicio e orixe da confraría do Corpus Christi
15,00 €A cofraría do Corpus Christi e sobre a súa relación coa Festa do Boi e Xan de Arzúa, asociación da que formo parte. Atopamos cousas interesantes que nos afianzan que a festividade do Corpus vinculada ao Boi xurde en 1317, cuns estatutos que recolle o funcionamento da cofraría e como era a festividade.
-

O Homen sem memória
25,00 €O livro fala de memórias. Daquelas que fazem de nós aquilo que somos, que nos moldam, que nos aprisionam e que para o bem e para o mal são o nosso mundo e a nossa vida. Nele, o que sobressai é, sem dúvida, o estilo da escrita. Aparentemente simples, no entanto, intenso, com momentos hilariantes e outros de profundo pesar, embora estes últimos surjam disfarçados de fina ironia. É, sem sombra de dúvida, um espaço de ficção onde cada leitor vai por certo encontrar um ou outro momento que por si poderia ter sido vivido.
-

O legado pioneiro de Camilo Díaz Baliño. Unha biografía artística
20,00 €Considerado unha icona polos seus coetáneos, Camilo Díaz Baliño introduce un novo concepto de creador ntre 1909 e 1936. A escenografía teatral, deseño gráfico, interiorismo, pintura… Camilo Díaz Baliño consegue unha plasmación sen precedentes do céltico na arte galega
