Teixeira de Pacoaes – Vicente Risco: Epistolario
A Fundación Vicente Risco publica o epistolario entre Teixeira de Pascoaes e Vicente Risco. Obra na que se recolle a correspondencia mantida entre ambos intelectuais ao longo da década do 1920.
A edición, realizada en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, inclúe a reprodución da correspondencia acompañada da correspondente transcrición, así como dous estudos introdutorios responsabilidade das Profesoras da Universidade de Porto Celeste Natário e María Luísa Malato e do catedrático de Lingua Galega Delfín Caseiro Nogueiras.
A obra ten un PVP de 10,00 euros.