Selo editorial Doutor Alveiros
Información sobre o selo Doutor Alveiros
QUE É DOUTOR ALVEIROS?
Doutor Alveiros é un selo editorial creado pola Fundación Vicente Risco para dar cabida, no sector do libro galego a unha serie de obras relacionadas coas actividades da Fundación e co legado de Vicente e Antón Risco. Entre os nosos títulos, destaca a publicación dos premios Vicente Risco de Ciencias Sociais, o Antón Risco de Literatura Fantástica e mais a Biblioteca Vicente Risco, onde se irán publicando as obras completas do grande autor ourensán.