Romance de Mouros

En 2006, co gallo do ano das Letras Galegas dedicadas a Xaquín Lourenzo, a Fundación Vicente Risco edita un facsimile da obra (inédita) Romance de Mouros, brincadeira escrita por  Vicente Risco e Xaquín Lourenzo en 1935, na que se relata, en verso, as peripecias de Xocas e Hermida ao escavar un Castro no que se lles aparece unha moura.
Edición numerada de 300 exemplares. Introdución de Arturo Lezcano.