O mundo da fauna na poesía galega. Ensaio antolóxico
20,00 €
O mundo da fauna na poesía galega (Ensaio antolóxico) é produto dunha serie de conferencias que sobre tal tema impartiu desde finais da década de 50 e durante toda a seguinte. Sebastián Martínez-Risco continuou a traballar e profundar sobre o tema da fauna na poesía galega, até chegar a finais da década de 60 a ese medio millar de páxinas mecanografadas que, se hoxe adoitan asustar as empresas editoriais, máis o farían ainda hai medio século. O autor tentou entón a publicación, mais o alto custo da edición fixo que o proxecto ficase en suspenso naquela altura, até que hoxe, felizmente, o empeño da súa familia converte o soño de o ver publicado en gozosa realidade, ainda que el xa non estea presente.
Descripción