A casa da mina
18,00 €
Descripción
M. Carmen Caramés Gorgal preséntanos unha novela intimista e dotada dunha grande forza, galardoada co XXII Premio Risco de Creación Literaria.
A historia transpórtase á pequena aldea de Santa Comba, onde Sara sobrevive coa súa nai en tempos de miseria e fame durante a guerra civil. Todo cambia por completo coa apertura da mina de volframio de Varilongo. A febre do “ouro negro” trae unha aparente prosperidade á zona e atrae a moita xente que busca escapar da pobreza da posguerra.
É precisamente alí onde Sara coñece a Hannes, un enxeñeiro alemán que transformará a súa vida. A moza irá descubrindo pouco a pouco o misterio que rodea ao seu compañeiro, así como os horrores soterrados do golpe fascista e os segredos dunha clandestinidade que proxectou un feixe de luz sobre a negrura dese tempo de calamidades.
Cunha prosa coidada, esta obra sitúase a medio camiño entre o xénero da memoria, o romántico e o de espionaxe, ofrecendo unha lectura atrapante e de alta calidade literaria.




