Pan negro

A Fundación Vicente Risco publica a edición en galego da obra de Emili Teixidor Pa negre, tradución de Eduard del Castillo Velasco. A edición inclúe o DVD do filme de Agustí Villaronga na súa versión orixinal en catalán subtitulada ao galego polo Festival Internacional de Cine de Ourense-OUFF (responsábel dos subtítulos Óscar Iglesias Álvarez) Distribuído polo Consorcio Editorial Galego pódese mercar nas librarías a 25,00 € PVP.