Os marabillosos de Risco
Espectáculo de narración para escolares de Inma Soto Iglesias
Fases
- Contextualización
Introdución teatralizada para achegar a figura de Vicente Risco ao alumnado. - Conto teatralizado
Adaptación de “Tres contos marabillosos” mediante narración teatralizada. - Dinámica lúdica para pechar a actividade
Obxectivos
- Dar a coñecer a literatura infantil de Vicente Risco.
- Achegar ao alumnado á figura de Vicente Risco dun xeito lúdico.
- Render homenaxe a unha das figuras máis importantes da literatura galega, membro da Xeración Nós e precursor do nacionalismo galego.
Duración
50 minutos.
Destinatarias
Escolares, público infantil ou familiar ( aforo recomendado para 50 persoas)
Aspectos técnicos
· Cadeira sen repousabrazos
· Coa luz propia do local.
· Co equipo de son do propio local.
· Para os casos que non haxa equipo de son, poñemos o equipo mínimo e micrófono de diadema.
· Tempo de montaxe: 30 minutos
· Duración do espectáculo: 50 min.
· Tempo de desmontaxe: 30 minutos
Para máis información: secretaria@fundacionvicenterisco.com