O Porco de pé. Edición conmemorativa do 80 aniversario.

Co gallo do 80 aniversario da primeira edición da novela O porco de pé, a Fundación Vicente Risco realiza unha edición facsimilar numerada de 1.000 exemplares. A edición é presentada nun luxoso estoxo e vai precedida do estudo O humor político de Risco, realizado por Manuel Outeiriño.