Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos eventos

Proxección documental a Luz das Ánimas de Lembrame.gal

1 / Novembro / 2025 ás 8:00 p.m.

Proxección do documental “A Luz das ánimas”
Primeiro documental sobre o fenómeno dos Petos de Ánimas dirixido por Sergio Santos Otero e producido pola equipa de lembrame.gal
A proxección será na Fundación Vicente Risco e ao final haberá espacio para o coloquio.
 
Sinopse:

Unha viaxe fascinante ás profundidades da cultura galega para descubrir os petos de ánimas, eses pequenos altares que salpican as paisaxes e camiños. A través dos ollos dun historiador,  un xornalista, un investigadores e unha restauradora, o documental revela non só a historia, o significado e a función destes elementos do noso patrimonio, senón tamén o seu papel como testemuñas vivas da fe, a memoria e a devoción popular.

Duración:
45:10

Ano de realización:
2024 – 2025

Detalles

  • Data: 1 / Novembro / 2025
  • Hora:
    8:00 p.m. - 9:00 p.m.

Recinto

  • Fundación Vicente Risco – Allariz
  • Allariz, Spain + Google Map