Proxección documental “A luz das ánimas” de lembrame.gal no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.
O documental propón unha viaxe fascinante ás profundidades da cultura galega para descubrir os petos de ánimas, eses pequenos altares que salpican as paisaxes e camiños. A través dos ollos dun historiador, un xornalista, un investigador e unha restauradora, o filme revela non só a historia, o significado e a función destes elementos do noso patrimonio, senón tamén o seu papel como testemuñas vivas da fe, a memoria e a devoción popular.
A proxección estará seguida dun coloquio co público.