A colección fraseolóxica de Vicente Risco
20,00 €Neste libro preseéntanse un conxunto de refráns, locicións e fórmulas que forman parte da documentación inédita de Vicente risco, custodiada na Fundación Vicente Risco.
Libros Doutor Alveiros
Amosando 1–16 de 68 resultados

Neste libro preseéntanse un conxunto de refráns, locicións e fórmulas que forman parte da documentación inédita de Vicente risco, custodiada na Fundación Vicente Risco.

O libro afonda nas raíces familiares de Eça de Queirós, centrándose na figura da súa nai, Carolina Augusta Pereira de Eça, e nos seus antepasados galegos. Cunha estrutura a medio camiño entre a investigación histórica e a narrativa creativa, o texto reivindica o espazo cultural común entre Galicia e Portugal.


Como teórico da Arte, Vicente Risco recolleu as maiores influencias artísticas da sua época. A sua figura funcionou como un catalizador dentro da cultura galega.

Obra finalista do Premio Planeta en 1952, trata a historia de Baldonio, conde e bispo de Nerbia, que é un compensio de todos os vicios existentes, e mesmo ten un diaño que o convocou dos infernos. O seu comportamento leva o papado e señorios veciños a sitiar a cidade para provocar a caída do tirano.

A obra destaca por ser unha sátira literaria e unha reflexión fonda, con fortes elementos autobiográficos, sobre o verdadeiro significado da poesía.O protagonista, Akihiro Yoshimoto (alter ego do autor), sofre unha intensa crise creativa e existencial. Tras tentar converterse en poeta e fracasar na súa procura da esencia da arte, decide abandonar a escritura para adicarse á tradución. A novela narra a súa educación poética e a súa curiosa viaxe ata atopar o seu lugar no mundo literario.

O ‘Camiño’ alberga unha importancia fundamental na espiritualidade de Yasuhiro. Non só no seu aspecto relixioso, caso dos tres que se poden contemplar na presente exposición (Santo Andrés de Teixido, Kumano e Fisterra), senón o ‘Camiño’ como parte da procura íntima no seo da natureza

Partindo da situación da muller no século XIX, os escritores convidados fabularon sonre a sua relación con Romasanta, tendo en conta que as vítimas do Lobishome ou “sacauntos” eran mulleres

Os relatos que compoñen este volume son unha pequena mostra do enorme interese e potencial que a dia de hoxe ten o caso de Romasanta, o lobishome, en cuxo caso centrou Vicente Risco o seu discurso de entrada na Real Academia Galega “Un caso de lycantropia” o 23 -02-1929




Historia (ou moitas) que fala do próximo, do recoñecible, e que nos leva a pensar sobre as conductas humanas e os seus intereses

Un ensaio fundamental para comprender a dimensión máis descoñecida e esotérica do polígrafo ourensán. A obra, de 260 páxinas, revela como o interese polas ciencias ocultas, o esoterismo e o espiritismo non foi unha simple afección na mocidade de Risco, senón un eixe transversal que influíu de xeito determinante na súa visión do mundo e na súa produción literaria

Dramático testemuño sobre a realidade de médicos e pacientes na Galiza do século XX

Amplo traballo de investigación etnográfica sobre as realidades e a importancia que teñen para a pobacións da provincia de Ourense as festas e rituais que se desenvolven no periodo de invernía. Tradicións fortemente arraigadas que se transmiten de xeración en xeración, sendo un dos grandes patrimonios inmateriais da cultura galega