Vicente Risco
Vicente Martínez-Risco e Agüero, coñecido como Vicente Risco, naceu o 30 de setembro de 1884 en Ourense, no piso 1º da Rúa da Paz, antiga dos Zapateiros.
Vicente Risco labrou unha personalidade orixinal e baril no mundo da cultura. Peregrinou polas cosmogonías e polas culturas, e fixo a viaxe de circunvalación por todo o prohibido e rexistra o matiz menos grávido das últimas novidades da súa época, científicas, filosóficas e artísticas. E, aínda que no fondo se consideraba anticientífico, interesáballe a bioloxía.
Tomou parte no renacemento espiritual galego do século XX, e no movemento primeiro que se chamou ultraísta, lanzado un audaz Preludio a toda estética futura reflexo da súa rebeldía antiacademicista. Unha insaciábel ansia de saber levouno dende a poesía lírica de Oriente, até a yurta de teas de ouro do simbolismo francés. Huysmanns foi un dos seus autores amados.

Vicente Risco no seu tempo
1884
Vicente Martínez-Risco e Agüero, coñecido como Vicente Risco, naceu o 30 de setembro de 1884 en Ourense, no piso 1º da Rúa da Paz, antiga dos Zapateiros.
1922
Casa en 1922 coa alaricana María do Carmo Fernández. Na vila de Allariz nacerán os seus fillos, na casa onde está ubicada a Fundación que leva o seu nome.
1907
Academicamente, foi bacharel en Ourense. Estudou dereito en Santiago, onde se licenciou no 1907. Despois mestre de ensino primario, tras un frustante paso pola administración de facenda. Ingresou na Escola Superior do Maxisterio en Madrid. Cátedra de Historia e a súa Metodoloxía na Normal de Ourense.
1917
Do 1917 ao 1945 proxectou a súa docencia sobre sucesivas xeracións. Polos anos 30, grao de Filosofía en Santiago.
1945
Do 1945 ao 1950 explicou psicoloxía na Escola Normal de Madrid.
Regresa a súa praza de Ourense impartindo novamente Filosofía até que se xubila en 1954.
1963
Vivirá na súa cidade natal até o seu pasamento o 30 de abril de 1963.
Datos biográficos

Vicente Martínez-Risco e Agüero, coñecido como Vicente Risco, naceu o 30 de setembro de 1884 en Ourense, no piso 1º da Rúa da Paz, antiga dos Zapateiros.
Os seus devanceiros procedían das terras de Castro Caldelas, onde asentaron a partir do XVIII. Alí, na vila, patrimonio un día dos Condes de Lemos, pasou longas horas da nenez; tamén na idade madura fecundas tempadas en contacto coa clara paisaxe.
Casa en 1922 coa alaricana María do Carmo Fernández. Na vila de Allariz nacerán os seus fillos, na casa onde está ubicada a Fundación que leva o seu nome.
Academicamente, foi bacharel en Ourense. Estudou dereito en Santiago, onde se licenciou no 1907. Despois mestre de ensino primario, tras un frustante paso pola administración de facenda. Ingresou na Escola Superior do Maxisterio en Madrid. Cátedra de Historia e a súa Metodoloxía na Normal de Ourense.
Do 1917 ao 1945 proxectou a súa docencia sobre sucesivas xeracións. Polos anos 30, grao de Filosofía en Santiago.
Do 1945 ao 1950 explicou psicoloxía na Escola Normal de Madrid.
Regresa a súa praza de Ourense impartindo novamente Filosofía até que se xubila en 1954.
Vivirá na súa cidade natal até o seu pasamento o 30 de abril de 1963.
Vicente Risco labrou unha personalidade orixinal e baril no mundo da cultura. Peregrinou polas cosmogonías e polas culturas, e fixo a viaxe de circunvalación por todo o prohibido e rexistra o matiz menos grávido das últimas novidades da súa época, científicas, filosóficas e artísticas. E, aínda que no fondo se consideraba anticientífico, interesáballe a bioloxía.
Tomou parte no renacemento espiritual galego do século XX, e no movemento primeiro que se chamou ultraísta, lanzado un audaz Preludio a toda estética futura reflexo da súa rebeldía antiacademicista. Unha insaciábel ansia de saber levouno dende a poesía lírica de Oriente, até a yurta de teas de ouro do simbolismo francés. Huysmanns foi un dos seus autores amados.
Na altura de 1917, na etapa de La Centuria Risco era un inadaptado. Como outros homes da súa xeración arrastraba o turrieburnismo finisecular e exquisito, que empalmou despois cos movementos de vangarda. Tratábase dunha etapa esteticista, antisocial, caracterizada polo exotismo. O propio Risco calificou esta súa primeira etapa de “antisocial, antigregaria, individualista e introvertida” no seu clarexado ensaio Nós os inadaptados. Vivía, pois, Risco espiritoalmente afastado, atraído polo lonxano —era «a cobiza do lonxe», unha expresión tomada de Viqueira—, considerándose «anormal por supernormal», introvertido, convencido do principio básico de que «ser diferente é ser existente». Unha das manifestacións desta «cobiza do lonxe» era, en efecto, o interese cultural polo xeográfico e historicamente distante: a India, África Central, o Tíbet, Exipto, Babilonia, etc.
Mais a partir dos anos vinte, Risco e os seus amigos encetaron unha nova etapa, cunha reacción violenta, caracterizada polo asalto no campo de acción galega, de compromiso. Porque a autenticidade desta conversión, – da inadaptación ao nacionalismo -, non permite marxe ningunha para a dúbida. Foi radical, foi un cambio de existencia, a adopción dun novo programa de vida verdadeiramente exemplar e admirable. Porque non se trata soamente do estudo, da investigación teórica, senón tamén de que Risco, como escritor, como ideólogo, como etnógrafo, como historiador, mesmo como arqueólogo e, claro está, como político, afundiuse na Galiza, fundiuse con ela, «pateouna», «viviuna» con entusiamo inesgotábel. Neste aspecto, no coñecemento e na experiencia vital da Galiza, Risco, coma outros membros da Xeración Nós, non foron igualados. Verdadeiramente, levaban a Galiza na cabeza e na alma.
Grande suscitador de temas, desvelador de concepcións caducas, Risco actualizou agudas interpretacións que gozan aínda de prestixio intelectual e galego. O seu ideario galeguista entendeu que a cultura vive e medra nas tensións entre o local e o universal, e como consecuencia debe participar do xeral e do particular. Levado por esa idea, a través da tradución, promoverá a recepción de textos doutras literaturas.
Deixou Risco de ser un inadaptado? En certo modo, non. Pois, polo de pronto, non podía atoparse a gusto no medio da pseudocultura urbana colonizada imperante na burguesía; rodeado, como diría Risco, de filisteos e de filisteísmo, e asistindo ao proceso dunha desgaleguización progresiva. Non era só na Galiza, senón en toda a civilización occidental onde corrían tempos de crise. E os «homes de espírito», escribe Risco, en tempos de crise, convértense en inadaptados. Considera que o home de espírito é invencíbel. Poderá fracasar na súa loita, mais ficará interiormente incólume.
A súa obra

Un escritor é tanto máis valioso e vivo canto máis activamente inflúa nos seus lectores, e Risco éo, sen dúbida, extraordinariamente valioso e vivo. A complexidade de Risco revélase moi especialmente no feito de que, xunto á súa faceta especulativa, ás veces especulativa en exceso, coexiste unha faceta realista, dun realismo impecable e, en gran medida, aínda cunha vixencia asombrosa. Se repasamos a obra do Risco revélasenos o que foi, de primeiras, un pensador, un ideólogo, e fundamentalmente un escritor didáctico. Para el, escribir era expresar ideas. Vicente Risco, como o resto dos integrantes da Xeración Nós, elaborau formas para que os elementos culturais comúns e as rutinas diarias fixesen que os galegos fosen máis galegos.
A obra que foi realizando ao longo da súa vida tivo sempre o latexo directo do tempo e das ideas que vivira cobizosamente. Podería dicirse, quizais, que as disciplinas históricas e mailas pedagóxicas, encamiñaron a súa vontade intelectual. Mais fóra do labor da pescuda e do ensaio figuran tamén no seu haber sensibles logros da creación literaria.
saíron intesantes e fundamentais traballos de xeografía (Otero), prehistoria (Cuevillas) e etnografía (Risco). Ao tempo que ali se iciaron e formaroní novos etnógrafos, arqueologos e historiadores. Foi o comenzo dunha serie de labores de trascendencia, e non só polo que contribuiron á fomación de futuros investigadores, senón que tamén pola grande cantidade de materiais recollidos en excursións. Catalogáronse igrexas, recolléronse papeletas de folclore e etnografía, rexistráronse castros e deseñáronse moitos detalles interesantes para a historia da nosa cultura. Por alí desfilaron unha chea de figuras relevantes de dentro e de fóra do país. E alí preparáronse as xeiras estivais do Seminario de Estudos Galegos.
Como Murguía, foi para Galicia patrón espiritual. Deulle o método e a disciplina etnográfica, polo valor humano do seu labor. Consellos desinteresados. Guía dos investigadores noveles, alentando vocacións e proporcionando materiais. Sentíndose sempre máis amigo ca mestre.
A ampla produción que lle debemos perdurará na historia da cultura galega. Nela reflexouse unha voz orientadora e unha opresión asentada na concreción e na síntese dunhas fundamentais. Os seus libros, os seus ensaios, os seus artigos na nosa fala, constituen unha das achegas máis interesantes ao proceso cultural da Galicia contemporánea. Foi a regaleguización deste país o motor principal do seu labor.
Vicente Risco literato
Risco non foi só un ideólogo. Foi un extraordinario escritor total. En literatura formouse, de primeiras, no modernismo; despois no movemento saudosista de Teixeira de Pascoaes e Leonardo Coímbra; e ao cabo, asimilou o surrealismo.
Cultivou principalmente o ensaio e a chamada crónica periodística, escribindo nos xornais dende moi novo.
Nas súas novelas, ou esquemas de novelas, reflexa visión e inquietude do ensaista político, coas súas loitas, os seus métodos de polémica, e os hábitos de investigador da cultura popular. Deixounos obras tan inesquecíbeis como O porco de pé, unha sátira forte do arribismo, máis próxima a un Rabelais que a un Quevedo. E as súas descricións líricas de paisaxes e dos correspondentes estados anímicos son insuperables. O seu estilo é claro, expresivo e sinxelo.
Otero Pedrayo, no ensaio A novelística de Vicente Risco, escribiu: “Cada páxina das novelas e dos esquemas de novelas de Risco reflexa a visión e o desacougo do ensaísta político, coas súas loitas, os seus métodos de polémica e os hábitos do investigador da cultura popular, enfeitizado na descrición dos menores ouxetos e na súa coordenación de relacións. Os Europeos en Abrantes e O porco de pé desenvolven críticas duras, envolveitas en humorismo, dunha situación contraria e imposta de xeito trabucado ou parasitario sobre da auténtica Galicia”.
Vicente Risco nas CCSS
Cultivou as tradicións populares de Galicia e a mitoloxía. En etnoloxía familiarizouse coas fontes portuguesas, principalmente con Leite de Vasconcelos; e máis tarde completou en Alemania a súa formación. Foi un paciente analista das tradicións populares do noroeste. Polo seu labor de folclorista puidose coñecer a vida material e tradicional do noso pobo.
Até Risco ninguén recolleu contos orais de maneira sistemática e con criterios metodolóxicos. Para el, como para outros nacionalistas europeos, a substancia orixinal que nos permite expresar sentimentos e realidades universais reside nas creacións tradicionais do pobo, nas formas da literatura oral. Cumpría, pois, sen abandonar o alleo, alicerzar as bases da nación na cultura de nós. E Risco púxose á tarefa, recolleu narrativa oral colocándoa no lugar que lle correspondía dentro da cultura da nación. Non o fixo Murguía, nin o fixo Emilia Pardo Bazán que ostentou a presidencia da “Sociedad del Folclore Gallego”. Dende a súa cátedra e coa colaboración doutros galeguistas aproveitou os recursos humanos para recolectar material lingüístico de boca dos galego-falantes. Na sección «Arquivo Filolóxico e etnográfico de Galiza», creada no número 5 da revista Nós, aparecerán en números dispersos artigos de etnografía galega e textos de literatura oral (cantigas, contos e lendas), ademais de ditos e refráns galegos. No Seminario de Estudos Galegos formou equipos de investigación etnográfica, nos que tamén el participou, para elaborar monografías de parroquias ou de vilas galegas.
En materia histórica, orientouse na tertulia da Comisión de Monumentos de Ourense. Vicente Risco defende un idealismo historiolóxico que lle fai crer que as grandes transformacións socioeconómicas e políticas son o resultado da aplicación e difusión dos sistemas de ideas ou de valores, e con certa carga de providencialismo propio dun home que se define asi mesmo como “heterodoxo en todo menos en materia de relixión”. Asemade opónse a toda interpretación da historia que, na súa opinión, simplemente actualiza as visións “mecánicas” ou “metafísicas”. Esboza o pasado dos pobos europeos dende a prehistoria en clave de oposición entre o espírito latino e o celto-xermánico ou, noutras verbas, como mediterraneismo versus atlantismo. Mais, iso si, non é eurocentrista, o que é coherente de quen considera que Occidente está en decadencia.

Vicente Risco Pensador
A complexidade de Risco revélase moi especialmente no feito de que, xunto á súa faceta especulativa, ás veces en exceso, coexista unha faceta realista, dun realismo impecábel e, en gran medida, aínda cunha vixencia asombrosa. Xosé Manuel Beiras escribiu no ensaio Vicente Risco e nós: “Moitos dos que len a Risco e se alporizan, en realidade non entenden a segunda lingoaxe tan propia do falar dos galegos, que desconcerta aos alleos e que Risco, como os millores e máis auténticos dos nosos escritores, adoitaba empregar a cotío”. Dicía tamén Beiras: “O humor de Castelao, por exemplo, é humanísismo, aínda nos sarcasmos máis arrepiantes e atroces. O de Risco, en troques, moito máis frío, máis agresivo, máis firente, menos inxenuo, máis incómodo”.
Formou entre os adeptos da pequena igrexa de Roso de Luna, a Revista neosófica e cando estudiaba a Paracelso. Transfigurado en doutor budista correu en conversas e caricaturas polas tertulias galegas. Nese tempo era fonda, asimesmo, a súa dedicación a Tagore, de quen disertou no Ateneo de Madrid cunha sonada conferencia en 1913, ano que se lle concedeu o Premio Nobel de Literatura ao poeta bengalí.
Vicente Risco foi moi duro co mundo moderno, como se pode ver non só en Las tinieblas de Occidente, senón tamén en varios artigos de Leria e mesmo na confesión “Nós, os inadaptados”. Mantén unha actitude de rechazo do mundo moderno, de inadaptación buscada e querida que se reviste de ultramodernidade. Este futurismo risquián non é senón unha mestura de elitismo, espiritualismo e voluntarismo. Pensa que cada persona loita dentro de si pola perfección espiritoal e que a humanidade loita contra a natureza para dominala e espiritoalizala.
En 1917 fundou La Centuria, revista neosófica que tencionaba crebar o ritmo intelectual das ideas. Dende a estética á astroloxía, pasando polas máis insólitas vertentes do saber, todo tiña cabida nas súas páxinas. E nelas apareceron tratados ou traducidos, escritores de fala inglesa ou francesa, como Chesterton, Poe, Mallarmé e Rimbaud.
Risco foi o principal promotor da Xeración Nós, que propuxo unha concepción europeísta mais non eurocéntrica da cultura. O que concorda co pensamento dun home seducido pola cultura metropolitana do derradeiro momento da Europa imperial, mais tamén era consciente de non ser membro de élite ninguna. A revista Nós, aparece en Ourense o 20 de outubro de 1920. Dirixiuna literariamente Risco, e artisticamente Castelao. Risco dirixía a acción social e máis o cultivo da orixinalidade específica de Galicia. Nas páxinas da revista Nós foi deixando así –como tamén nas de A nosa terra- unha abondosa mostra do seu singular talento. A Xeración Nós non foi moi tradicionalista, aínda que si amosou a preocupación de investigar e rexistrar as tradicións galegas. O que si fixo, liderada por Risco, foi loitar contra os intereses da decante burguesía española de principios do vinte.
No que respecta aos atributos que, na altura, definen unha nación Risco non aporta nada realmente novo ao xa dito por Murguía: lingua, tradicións, costumes, historia, raza, xeografía e, claro está, carácter ou espírito propios. Mais si hai novedades na importancia relativa que concede a algúns deses elementos, e moi en especial á “Terra”, que se transforma nunha forza, cósmica e enigmática, forxadora da alma da nación. Perante esa forza, a raza fica relegada ao pasivo papel de vehículo. E así, por mor das características do chan e das inclinacións da raza, o galego é un pobo de campesinos e mariñeiros. Un pobo, que polo amor que sinte á terra, vive espallado en pequenas comunidades “naturais”, as parroquias.
Dende logo, sería insensato acusar a Risco de racista. Nin foi Risco o único que falaba de raza; era práctica común da época, e non só dos galeguistas. El non ía «contra» raza ningunha; simplemente, tiña as súas preferencias, o que é natural e inevitable, por moito que manifesten o contrario os inquisidores actuais do «politicamente correcto». Mais, dende logo, nunca imaxinou que houbese unha raza pura na Galiza. Máis dunha vez menciona os diversos pobos que foron formando o ser galego: preceltas, celtas, romanos, suevos, visigodos, e xentes procedentes de toda a península, algunhas tan destacadas coma os cataláns no campo da industria, os maragatos no do comercio etc., etc. De todas maneiras, non emprega Risco o vocábulo «mestizaxe»; prefire outro, penso que máis simpático: «misturanza». O home e a cultura galegos son, pois, produto dunha misturanza.
Esculcou no peculiar vencello do home galego coa súa paisaxe, e caracterizouse como teórico do movemento político cultural que tencionou alumar e fomentar a orixinalidade específica do país: a paisaxe viña ser para el como o fundamento da Galicia ideal. Risco, de moi diversas maneiras, loitou por unha Galiza que encaixaría na xerarquía cimeira: a espiritual que ten como base o vencello sentimental coa Terra, co «sentimento relixioso da Terra», o sentimento da Terra como «manifestación de Deus». Os homes pasan, a Terra vive sempre, sentencia Risco. Para el, os labregos, e mariñeiros, son os depositarios principais do espírito da Galiza. Polo tanto, en gran medida, o espírito labrego é o espírito da Galiza, pois cómpre ter en conta que a Terra, a paisaxe galega e paisaxe humanizada. No contraste entre a cidade e o campo, púxose da parte dos que eran infravalorados na cultura da época.
Para Risco, a nación era unha formación cultural en continúa construcción en diálogo con outras culturas das que non hai que rexeitar nin se subordinar. “Recibamos influencias diversas, que canto máis diversas, máis ceibes quedaremos nós. Escoitemos mestres de diversos métodos, de diversas opinións, de diversos principios, e será o modo de podelos contrastar os uns cos outros, de coller o mellor de cada un, de alargar o noso horizonte, comparar, discernir, e non casarnos co primeiro que chega. E cando teñamos que acudir aos alemáns, que por forza terá que ser moitas veces, vaiámolos procurar directamente, e non nas seleccións e nas traduccións que nos deas feitas en Madrid”.

Vicente Risco político
Durante unha chea de tempo a política dominou como vocación a Vicente Risco, peza fundamental na unidade do grupo de intelectuais ourensáns comprometidos na tarefa de crear conciencia nacional. Por influencia de Losada Díeguez identifícase coa alma do propio país, e asume o tradicionalismo socialcatólico Probablemente é o único dirixente das Irmandades que toma en serio a necesidade de estudar a herdanza ideolóxica do galeguismo decimonónico para adaptala aos novos tempos e tamén para, combinándoa co que el aporta, harmonizar as súas contradicións nunha síntese superior. Os argumentos políticos de Risco eran moitas veces hegelianos. Risco foi recoñecido polos contemporáneos como principal teórico do nacionalismo galego, status que non lle discutiron até os anos trinta nin aqueles nacionalistas que mantiñan actitudes políticas moi alonxadas das súas.
Risco elaborou a doutrina do nacionalismo galego pouco despois da primeira guerra mundial, sendo, quizais, o discurso dos catorce puntos do presidente Woodrow Wilson foi o manifiesto máis importante da primeira guerra mundial. Coincidencias, Risco xunto outros intelectuais e políticos ourensáns presentan un escrito ao Concello de Ourense solicitando que se lle poña a rúa o nome do presindente estado unidense (nomeadamente a actual Celso Emilio Ferreiro, na altura somentes un proxecto de rúa). A súa Teoría do nacionalismo galego é un dos textos políticos galegos máis influintes na Galicia do século XX, malia ser só un pequeño folleto de menos de cincuenta páxinas
Para Risco o primeiro problema de Galicia era o perigo de desgaleguización, da perda “das nosas tradicións, dos nosos costumes, da nosa fala, da nosa liberdade”. E a causa maior dese problema era o Estado centralista, para a que o mellor antídoto o nacionalismo. No caso do estado español, opresor da nación galega, propugna unha radical separación conceptual entre nación e Estado. O seu é un discurso contra‐nacionalista, anticentralista, descolonizador. Sexa como for, tentaba subvertir a xerarquía de nacións europeas que caracterizara a chamada “paz dos cen anos”. Empregou argumentos do liberalismo, quizais levado do discurso de Wilson, para defender a nacionalidade galega. Considera que o sistema liberal sofreu por mor da I Guerra Mundial unha hipertrofia do executivo en prexuizo do lexislativo e do control parlamentario. Risco deduce a necesidade de instaurar a revocabilidade dos representantes no momento en que o decidan os representados todo o cal levaría o “sistema parlamentar moito máis perto da democracia direita. Pensaba Risco que os galegos, en canto individuos, estaban defectuosamente representados no Parlamento español, como tódolos demáis cidadadáns do Estado. Mais os galegos, en canto colectivo de seu, non o estaban en absoluto nin o estiveron xamais dentro do réxime liberal centralista. De aquí a necesidade da autonomía. De aquí tamén a necesidade doutra cousa: dun instrumento político ao servizo exclusivo dese obxectivo. Un instrumento que só podía ser o nacionalismo galego e que tiña como primeira misión acordar a dormida conciencia nacional do pobo mediante un labor case de apostolado. A segunda, conseguir que Galicia, como nación diferenciada, tivese partidos políticos propios exclusivos, apropiados á súa realidade social.
Risco promoveu unha política diferente, unha política cultural defensiva que non foi inequivocamente tradicionalista. Cando formulou a Teoria do nacionalismo galego (1920) non o fixo dende o tradicionalismo, nin dende o organicismo ou, como o hoxe dirán moitos, dende o esencialismo, senón dende principios federalistas semellantes ós de Antoni Rovira i Virgili no libro Nacionalisme i Federalisme (1917). Captou isto ben Elías de Tejada Spinola ao expor que o estilo do pensamento político de Risco era liberal. Cómpre dicir que de Tejada Spínola, catedrático de dereito natural e de filosofía do dereito da Universidade de Salamanca, advertía isto de xeito admonitorio e tutelar en 1944, como corresponde a aquel que dende a tradición hispana advirte ao nacionalista galego da vaidade das súas aspiracións.
Ao longo das décadas de 1920 e 1930 deriva cara un catolicismo que , aliado co nacionalismo, é a única forza capaz de salvar ao mundo do comunismo. No seu pensamento hai algúns elementos ideolóxicos que aparecen nas doctrinas totalitarias da época. Mais o seu é discurso propio dun católico anticomunista no que hai compoñentes ausentes dos fascismos: catolicismo fronte laicismo; radical oposición á instauración dun Estado-sociedade totalitario; negación da concepción totalitaria do estado-partido-sociedade; crenza de que a orixe do poder está no pasado, na tradición, mentres que para os fascismos o poder lexítimo ten unha orixe actual. Risco inclúe os fascismos entre as desviacións do verdadeiro nacionalismo, xunto co imperialismo, os movementos de liberacións nacional instrumentados polo comunismo e os nacionalismos modernizadores tipo Kemal Ataturk, ao que dirixe críticas moi duras por destruir as tradicións do seu pobo. Segundo o propio Risco, o fascismo non debe ser considerado auténtico nacionalismo e, en consecuencia, polas que el non é fascista: en primeiro lugar, porque anula os dereitos individuais que Risco defende, porque a concepción totalitaria do fascismo pon o Estado por riba da Nación, ou dito coas súas palabras: “a confusión da Nación co Estado, o sacrifizo do individuo ao Estado, e a prepotenza do Poder executivo”
En carta a Antón Losada Diéguez de outono de 1923, Risco cualificaba a ditadura de Primo de “acontecemento vulgar” e dicía: “Levamos avanzado tanto ideolóxicamente […] que agora unha xestión cerca do Diretorio militar podería parecer a moitos unha claudicación, ou polo menos unha reitificación de principios”. Mais certo é que, disciplinadamente a principios da ditadura, en xaneiro do 1924, Risco era concelleiro e deputado provincial, logo de aceptar a estratexia de cooperación proposta por Losada Diéguez, e da que debeu fartarse ben logo. Risco dimitiu dos cargos de concelleiro e deputado provincial o 24 de marzo de 1925. En 1928 Vicente Risco estaba farto da ditadura de Primo e actúaba contra ela con claridade argumental nos artigos d´A nosa terra e con inmenso vigor emotivo e simbólico na sátira que é O porco de pé.
Celebrou a caída da ditadura e celebrou a proclamación da II República creando, xunto con Otero Pedrayo, o Partido Nazonalista Republicán de Ourense, que no 1931 integraríase no Partido Galeguista. Certo que, coma outros intelectuais, ficou desencantado coa II República. Incluso, coma político católico, critica a política relixiosa desenvolvida nesta etapa. Oponso á viraxe esquerdista do Partido Galeguista, que abandona cando este decide integrase na Fronte Popular, e integrándose na Dereita Galeguista e bandonando a primeira liña da acción política.
Nos anos que van do do 36 ós 50, o escritor desentendeuse dos problemas que nortearon a súa vida. Non podemos pasar por alto a segunda conversión de Risco a raíz da guerra civil, poñedo a súa pluma ao servizo da defensa dunha Igrexa obsesionada polo comunismo. Certo que Risco se adheriu aos que se rebelaron en armas contra a República. Mais tamén é certo que lle “tocou” sobrevivir nunha Galiza na que non houbo guerra e si unha feroz represión. Risco, que pasou parte da guerra agochado en Allariz e Castro Caldelas, escribiu eloxios do Réxime. Outros, os máis novos, foron obrigados a servir no exercito rebelde. Sobran comentarios. Agora ben, non é menos certo que Risco non sacou proveito ningún do seu franquismo. Viviu na pobreza, ás veces nunha pobreza extrema, os anos da posguerra. Incluso tivo que sofrir dous expedientes de depuración:
No 1937, acusado de ser nacionalista e fundador da Dereita Galeguista. En 1941 afronta un novo proceso. Expediente nº 41 de 1941, no que o “Juzgado instructor” de Ourense, envía ao “Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas” da Coruña informes de diversas personalidades e instituciones sobre la conducta de Vicente Risco. Destacar la opinión que de don Vicente tiene la Falange:
Polo tanto, se complexo é o seu pensamento e a súa praxe de “político católico”, tan absurdo é negar o seu anticomunismo (o que non lle impide a relación fraternal con comunistas) como afirmar que sexa fascista.

Actualidade do pensamento de Vicente Risco
Conmovíao, por unha banda a aldea, mais por outra necesitaba cousas da gran cidade. Afirmaba que buscara a tradición polos camiños máis novos, e que só a satisfacía interpretada dende mañá.
Galiza dista moito de ter a autonomía total que Risco propugnaba. É unha autonomía vixiada, por exemplo, en materia educativa ocorre que agora se quere impoñer no ámbito educativo unha Historia de España uniformizadora e tradicional.
Explica Risco os prexuízos para a agricultura e a gandería galegas da política arancelaria do Estado, protectora dos latifundios cerealistas. Os campesiños viven na pobreza, de aí o proceso da despoboación de Galiza e da emigración. Propugna Risco o cooperativismo para o campo, e non rexeita o socialismo para a industria.
Toca Risco tamén as cuestións relacionadas co mar e coa industria conserveira. O Estado mellora os portos de Bilbao, Barcelona etc., mais non os galegos e a política estatal de comunicacións deixa a Galiza sen o hinterland preciso para o seu desenvolvemento económico.
Fai Risco unha fina análise do caciquismo, ao que compara cunha árbore invertida que ten as súas raíces no poder e as súas ramificacións nas aldeas e vilas e que converte os cidadáns en pedichóns.
Defende a democracia e, como mal menor, o parlamento. Agora ben, ocorre que os candidatos que se presentan en Galiza, incluso se son galegos, só representan os partidos políticos de Madrid. Non fan nada por Galiza como tal. Favorecen os políticos localistas, as obras suntuosas nas cidades, preferindo, di Risco, «o superfluo ao útil, o ostentoso ao necesario». Certamente, os localistas e municipalistas seguen a ser taimados inimigos do galeguismo. Aborda Risco outros moitos aspectos de Galiza: a súa organización administrativa, coa división provincial e as Deputacións como rémoras para o desenvolvemento do País.
A situación lingüística actual corrobora e agrava a análise de Risco. Os nenos, os adolescentes, os universitarios, as cidades, salvo valiosísimas excepcións, deixaron de seren galegas para facérense castrapas.
Risco indicou tamén na “Teoría do nacionalismo galego” cómo o discurso homoxeneizador do estado moderno depende da opinión pública e cómo é que a esfera pública galega case non gozaba de autonomía: “como da capital do estado veñen feitos todol‐os xuicios e todal‐as opinións a xente das provincias chega a unha efeutiva impotencia para pensar pol‐a súa conta. E como a prensa de provincias é caseque sempre calco literal da da capital do Estado, aparece d´iste xeito unha opinión púbrica fiuticia, que ninguén s´estreve a dismintire.”
Algunhas ironías de Risco sobre o seu tempo parecen manter actualidade. Dicía Risco n’O porco de pé: “Non esquezades que o fin do diñeiro é medrar, medrar a cotío, medrar sempre, até encher o mundo, até realizar o gran símbolo de Midas.”
Risco foi, nos mellores momentos, un europeo non eurocentrista. Foi un nacionalista de conciencia reflexiva que non deu chegado a entende-lo momento das políticas non xa nacionalistas, senón de «liberación nacional», pois morreu en 1963, cando se empezaban a formular e desenvolver. Para Vicente Risco o europeísmo e a apertura ao mundo dende o respecto da identidade propia é razón de ser do nacionalismo galego.
Bibliografía
Vicente Risco foi un prolífico autor de obras literarias de todo tipo que podedes consultar a continuación

(1910a), [Rujú Sahib], “Filosofía arbitraria: España y los españoles”, El Miño, Ourense, 27-II..
(1910b), “La mentira de Nietzsche”, El Miño, 20-III.
(1910c), [Polichinela] “De mi retablo. El enemigo”, El Miño, 3-IV.
(1910d), Castro Caldelas. Monografía cinetífica por…., alumno de la Escuela de Estudios Superiores del Magisterio, Madrid, Publicaciones de la Real Sociedad Geográfica.
(1910e), [Polichinela] “De mi retablo. Politiquerías”, El Miño, 11-XII.
(1911a), “De Literatura Gallega. De los precurosres a los contemporáneos”, Mi Tierra, Ourense, nº 1, xullo, p. 3.
(1917a), “Preludio a toda estética futura”, La Centuria, Ourense, nº 1, xuño, pp. 14-18; nº 2, xullo, pp. 17-18; nº 3, agosto, pp. 12-17; nº 5, outubro, pp. 19-21; nº 6, novembro, pp. 16-17; nº 7, xullo 1918, pp. 20-21.
(1918a), “Figuras do rexionalismo. D. Rodrigo Sanz”, La Región, 8-III, p. 1.
(1918b), “Teoría do nazonalismo galego”, ANT, nº 61, 20-VII, pp. 1-2.
(1918c), [R.] “Fixando puntos. A base nazonalista”, ANT, nº 66, 10-IX, pp.1-2.
(1918d), [R] “Fixando puntos. O sentimento da patria”, ANT, nº 67-68, 30-IX, pp. 1-2.
(1918e), [R] “Fixando puntos. A grande misión galega”, ANT, nº 69, 15-X, p.2.
(1918f), “Prosas galeguistas”, ANT, nº 72, 15-XI, p. 4.
(1918g), “Prosas galeguistas”, ANT, nº 73-74, 5-XII, p. 2.
(1918h), “Prosas galeguistas”, ANT, nº 75, 15-XII, pp. 5-6.
(1918i), Las Tinieblas de Occidente. Ensayo de una valoración de la civilización europea, ed. de Manuel Outeiriño, Santiago, Sotelo Blanco, 1990.
(1919a), “Prosas galeguistas. Pra Ramón Cabanillas”, ANT, nº 90, 25-V, pp. 2-3.
(1919b), “Prosas galeguistas”, ANT, nº 91, 5-VI, p. 1.
(1919c), “O druidismo no século XX”, ANT, nº 93, 5-VII, p. 1.
(1919d), “Triadas druídicas”, ANT, nº 94, 15-VII, p. 2.
(1919e), “Prosas galeguistas. Ortografía. A provincia”, ANT, nº 95, 25-VII, pp. 3-4.
(1919f), “Agrarios e galeguistas. A nosa intransixencia”, ANT, nº 96, 5-VIII, pp. 4-5.
(1919g), “El galleguismo y el problema de la emigración en Galicia. Una inciativa de la Irmandá Rexionalista de Orense”, El Sol, Madrid, 13-VIII, sup.
(1919h), “Max Jacob”, ANT, nº 97, 15-VIII, p. 4.
(1919i), “Cosmopolitismo e universalismo”, ANT, nº 98, 25-VIII, p. 5.
(1919k), “A Atlántida”, ANT, nº 101, 25-IX, p. 5.
(1919l), “O pensamento galeguista en Lois Porteiro”, ANT, nº 103, 25-X, pp. 3-4.
(1919m), “Nuno Gonçalves i-a pintura galego-portuguesa do Cuatrocento”, ANT, nº 103, 25-X, pp. 8-9; nº 105, 15-XI, pp. 7-8; nº 109, 1-I-1920, pp. 4-5.
(1919n), “Prosas galeguistas”, ANT, nº 107, 5-XII, p. 7.
(1919o), Do caso que lle aconteceu ô Dr. Albeiros, A Coruña, Tip. El Noroeste.
(1920a), Teoría do nacionalismo galego, Ourense, Imp. La Región.
(1920b), “Prosas galeguistas. Liminares”, ANT, nº 109, 1-I, p. 10.
(1920c), “Prosas galeguistas. Dándolle voltas a un centenario”, ANT, nº 112, 20-II, p. 6.
(1920d), “En el umbral del apocalipsis”, La Ilustración Española y Americana, 8-III.
(1920e), “Arte Nova”, ANT, nº 114, 20-III, pp. 1-6.
(1920f), “Estudios críticos. Eça de Queirós e Guerra Junqueiro”, ANT, nº 114, 20-III, pp. 7-8.
(1920g), “Crítica literaria. Letras portuguesas”, ANT, nº 119, 10-V, pp. 1-2.
(1920h), “Rabrindanath Tagore i-o nazonalismo indio. A i-alma da terra”, ANT, nº 123, 15-VII-1920, pp. 3-5.
(1920i), “Mística disertación na que se decrara o simbolismo y-espirtual sinificado que ten a vida groriosa do Santo Apóstol San Yago, asi como a festa que hoxe principia a celebrare a nazón galega”, ANT, nº 124, 25-VII, p. 4.
(1920k), “O Renacemento Galego”, Galicia, La Habana, XIX, nº 30, 25-VII, pp. 6-7.
(1920l), “Letras nosas e alleas”, ANT, nº 126, 20-VIII, pp. 5-6.
(1920m), “O sentimento da Terra na raza galega”, Nós, nº 1, 30-X, pp. 4-9.
(1920n), “Galizia Céltiga. A Don Manuel Murguía respeitosamente”, Nós, nº 3, 30-XII, pp. 5-14; nº 5, 24-VII-1921, pp. 6-12.
(1921a), “O poeta armenio Hrand Nazariantz”, Nós, nº 4, 31-I, pp. 16-17.
(1921b), “O despertamento dos pobos célticos e o porvir de Europa”, ANT, nº 133, 1-II, pp. 4-5.
(1921c), “Rosalía de Castro. O poeta-saudade”, El Diario de Orense, 17-VII, p. 1. [Tamén en Terra, Buenos Aires, nº 2, 25-VII-1923, p. 4].
(1921d), “El nacionalismo flamenco y la cuestión de las lenguas en Bélgica después de la Guerra”, El Noroeste, A Coruña, 19-VIII, p. 1.
(1921e), “Plan pedagóxico pr’a galeguizazón d’as escolas”, Nós, nº 6, 20-VIII, pp. 5-7; nº 7, 25-X, pp. 10-12.
(1921f), “A Terra”, La Zarpa, Ourense, 22-X, p. 1.
(1921g), “Do culto da Vaca Astral en Galicia”, ANT, nº 149, 15-X, pp. 5-6.
(1921h), “A Raza”, ANT, nº 151, 15-XI, p. 6.
(1921i), “Irlanda, Galiza, o gobernador de Pontevedra e Cambó”, La Zarpa, 3-XII, p. 1.
(1921k), “Irlanda e Galicia”, Nós, nº 8, 5-XII, pp. 17-20.
(1921l), “Os nosos”, La Zarpa, 10-XII, p. 1.
(1921m), “O trunfo d’Irlanda”, La Zarpa, 17-XII, p. 1.
(1921n), “Porqué Galiza non tén un Cambó?”, La Zarpa, 31-XII, p. 1.
(1921o), “Eslavos e celtas”, ANT, nº 154, 31-XII, p. 6.
(1921p), “O libro de Mr Horacio Wells”, ANT, nº 146, 1-IX, pp. 2-4.
(1922a), “Dos nosos ulsterianos, e mais da cortesía”, La Zarpa, 14-I, p. 1.
(1922b), “Ideias vellas”, La Zarpa, 19-I, p. 1.
(1922c), “A Doctrina Nazonalista de Ramón Villar Ponte”, La Zarpa, 29-I.
(1922d), “Agrarismo e ruralismo”, La Zarpa, 2-III, p. 1.
(1922e), “A decadenza da vila”, La Zarpa, 18-III, p. 1.
(1922d), “A cobiza de ter unha grande vila”, La Zarpa, 25-III, p. 1.
(1922e), “A cencia y-os mitos”, La Zarpa, 1-IV, p. 1.
(1922f), “Busquemos un fin”, La Zarpa, 8-IV, p. 1.
(1922g), “Cousas”, La Zarpa, 22-IV, p. 1.
(1922h), “A deusa nai”, La Zarpa, 6-V, p. 1.
(1922i), “Superoccidentalismo”, La Zarpa, 28-V, p. 1.
(1922k), “Do máis alá´ e mais dofoulard´”, La Zarpa, 15-VII, p. 1.
(1922l), “Siquera, unha vez ó ano….”, La Zarpa, 25-VII, p. 1.
(1922m), “Leria metafísica”, La Zarpa, 7-X, p. 1.
(1922n), “As duas Galizas e a campaña agraria”, La Zarpa, 28-X, p. 1.
(1922o), “O nazonalismo e a políteca”, La Zarpa, 5-XI, p. 1.
(1922p), “Oucidentalismo e orientalismo”, La Zarpa, 25-XI, p. 1.
(1923a), “O teósofo alemán Rudolf Steiner”, Nós, nº 15, 1-I, pp. 7-10; nº 17, 1-III, pp. 8-15; nº 18, 1-VII, pp. 12-15.
(1923b), “Rexurdimento”, Rexurdimento (ING), [nº 1, xaneiro], p. 3. Tamén en La Zarpa, 6-I, p. 1.
(1923c), “O eixempro de Cataluña”, La Zarpa, 20-I, p. 1.
(1923d), “O problema da grande vila”, Rexurdimento (ING) [nº 2, xaneiro], p.1.
(1923e), “Na morte do patriarca”, La Zarpa, 4-II, p. 1.
(1923f), “Redención e liberdade”, La Zarpa, 9-II, p. 1.
(1923g), “Galiza e os partidos polítecos hespañoes”, Rexurdimento (ING) [nº 3, febreiro], pp. 6-7.
(1923h), “Adam Mickiewicz”, Rexurdimento (ING) [nº 4, marzo], p. 1.
(1923i), “Comparanzas: Flandes e Walonia”, La Zarpa, 4-IV, p. 1.
(1923k), “Novamente o asunto do millo”, La Zarpa, 26-IV, p. 1. Tamén en El Emigrado, nº 98, 31-VII, p. 1.
(1923l), “Cousas de Hespaña”, La Zarpa, 16-V, p. 1.
(1923m), “A Galiza e o voto en Cortes. A arela mínima do nazonalismo galego”, Rexurdimento (ING), [nº 7, xuño], p. 1.
(1923n), “Isto é o que é o nazonalismo galego”, Terra. Idearium da ING n’América do Sul, Buenos Aires, nº 1, 25-VI, pp. 1-2.
(1923o), “A estrela do Apóstolo”, Nós, nº 18, 1-VII, 4 páxinas de encarte entre 9 e 10.
(1923p), “A triple alianza nazonalista”, La Zarpa, 14-VIII, p. 1.
(1923q), [Resposta á enquisa sobre autonomía de Galicia], Galicia, Vigo, 20-I,p.1.
(1923r), “O asunto do millo”, El Emigrado, nº 98, 31-VII, p. 1.
(1924a), “O doutor Cotarelo e nós”, El Pueblo Gallego, Vigo, 18-III, p. 1.
(1924b), “O meu canto a Castela”, Galicia, 26-X, p.1; 27-X, p.1.
(1925a), “Ainda unha Historia Universal”, ANT, nº 208, 1-I, pp. 2-3.
(1925b), “Cultura e natura”, Galicia, 11-I, p. 3.
(1925c), “A Terra e a evolución humana”, ANT, nº 209, 1-II, pp. 4-5.
(1925d), “Leria. O galeguismo d’Eloy Luis André”, Galicia, 5-III, p. 1.
(1925e), “Leria IX. El hombre de la calle”, Galicia, 18-III, p. 1.
(1925f), “Leria XVIII. Da medida das cousas”, Galicia, 7-IV, p. 1.
(1925g), “Leria XIX. Perguntas e respostas”, Galicia, 16-IV, p. 1.
(1925h), “Leria XX. Pra Ben-Cho-Shey”, Galicia, 17-IV, p. 1.
(1925i), “Leria XXIII”, Galicia, 24-IV, p. 1.
(1925k), “Leria XXVI. Cal e area”, Galicia, 27-IV, p. 1.
(1925l), “O hispanismo de Antonio Sardinha”, ANT, nº 2112, 1-V, p. 2.
(1925m), “Leria XXIX. Avangardismo e nacionalismo”, Galicia, 10-V, p. 1.
(1925n), “Leria XXXIV. Lástema de bois!”, Galicia, 16-V, p. 1.
(1925o), “Estudos sobre o Romantismo”, ANT, nº 213, 1-VI, pp. 1-2; nº 216, 1-IX, pp. 2-3.
(1925p), “Lembrando aos precursores”, ANT, 25-VII, pp. 7-8.
(1925q), “Leria LVIII. Da tenda na aldeia”, Galicia, 9-VIII, p. 1.
(1925r), “Leria LIX. Da superstición da máquina”, Galicia, 12-VIII, p. 1.
(1925s), “Leria LX. A terra e as máquinas”, Galicia, 13-VIII, p. 1.
(1925t), “Leria LXI. Mais das máquinas”, Galicia, 15-VIII, p. 1.
(1925u), “Leria LXII. Da transmutación do agrarismo”, Galicia, 16-VIII, p. 1.
(1925v), “Leria LXIII. Agrarismo e fisiocracia”, Galicia, 18-VIII, p. 1.
(1925w), “Leria LXIV. Do partido novo”, Galicia, 30-VIII, p. 1.
(1925x) [e E. COSTAS SÁNCHEZ], “Gobierno municipal rural”, in Primer Congreso de Economía Gallega, 7-8 outubro 1925, Lugo, Ayuntamiento de Lugo, 1926, pp. 142-144.
(1925y) A trabe d’ouro e a trabe d’alquitrán, A Coruña, Ed. Lar.
(1925z) O lobo da xente, A Coruña, Ed. Lar.
(1926a), “Leria LXXXIII. Do patriotismo”, Galicia, 14-I, p. 1.
(1926b), “A moderna literatura irlandesa”, Nós, nº 26, 15-II, pp. 5-9; nº 27, 15-III, pp. 4-12; nº 28, 15-V, pp. 2-5.
(1926c), “Leria XCII. Rusia e Galiza”, Galicia, 18-II, p. 1.
(1926d), “Nazonalismo galego”, Galicia, 25-VI, p. 1.
(1926e), “A interpretación da Historia e o valor do noso tempo (Encol das ideias do conde Keyserling)”, Nós, nº 33, 15-IX, pp. 2-11.
(1926f), “Da Renacencia Galega”, Céltiga, Buenos Aires, nº 35, 10-VI, pp. 7-8; nº 36, 15-VI, pp. 7-8; nº 37-38, 25-VII, pp. 7-8.
(1926g), “En tal día coma hoxe”, Galicia, 25-VII, p. 3.
(1926h), “Do futurismo e máis do karma”, Nós, nº 34, 5-X, pp. 3-5.
(1926i), A Coutada, A Coruña, Ed. Lar.
(1927a), “Da renacencia galega. A evolución do galego e os seus críticos”, ANT, nº 233, 1-II, pp. 9-10.
(1927b), “Ensaios de Phisiognomía”, Nós, nº 48, 15-XII, pp. 2-4; nº 51, 15-III-1928, pp. 42-43.
(1927c) “Os europeos de Abrantes”, Nós, nº 39, 15-III e nº 40, 15-IV.
(1927d), “O Castro de Caldelas”, Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, I,
(1928a), “Políteca do noso tempo”, ANT, nº 246, 1-III, pp. 3-5; nº 247, 1-IV, pp. 3-4; nº 248, 1-V, pp. 2-4; nº 249, 1-VI, pp. 2-4; nº 250, 1-VII, pp. 2-3.
(1928b), “Da Galiza Renascente”, ANT, nº 252, 1-IX, pp. 4-9; nº 253, 1-X, pp. 4-9; nº 256, 1-I-1929, pp. 6-9.
(1928c), “Vicetto ou o romantismo”, Nós, nº 53, 15-V, pp. 83-89; nº 54, 15-VI, pp. 107-113; nº 55, 25-VII, pp. 127-129.
(1928d), “Memorias de pouco tempo”, Ibidem, nº 58, 15-X, pp. 182-184
(1928e), “Prólogo” a R. VILLAR PONTE, Historia sintética de Galicia, pp. 7-12.
(1928f), Elementos de Metodología de la Historia, A Coruña, Ed. Nós.
(1928g), O porco de pé, A Coruña, Ed. Nós.
(1928h), O bufón d’El Rei, A Coruña, Ed. Nós.
(1929a), “Dédalus en Compostela (Pseudoparáfrase)”, Nós, nº 67, 25-VII, pp.123-129.
(1929b), “O idioma galego na nosa vida e na nosa cultura”, Céltiga
(1929c), “Os irmanciños”, ANT, nº 266, 1-XI, p. 3.
(1930a), “Escomencemos a falar de política”, ANT, nº 269, 1-II, pp. 8-9.
(1930b), “O señor feudal”, Nós, nº 74, 15-II, pp. 29-30.
(1930c), El problema político de Galicia, Madrid, Cía Iberoamericana de Publicaciones. Biblioteca Gallega, VI.
(1930d), “La política gallega”. Céltiga, nº 131, 10-VI, pp. 19-20.
(1930e), “Da Alemaña. I. A viage”, Nós, nº 79, 25-VII, pp. 140-144; nº 81, 15-IX, pp. 179-185; nº 82, 15-X, pp. 206-207; nº 83, 15-XI, pp. 219-227.
(1930f), “Bon Ani-Novo, irmáns!”, ANT, nº 268, 1-I, pp. 3-4.
(1931a), Apuntes de Historia Universal y de España. Edad Media. Cuadernos Primero y Segundo, Santiago, Ed. Nós, s.a.
(1931b), Apuntes de Historia Universal y de España. Edad Contemporánea. Cuaderno Primero, Santiago, Ed. Nós, s.a.
(1931c), “O deber é berrar”, ANT, nº 279, 1-I, pp. 1-2.
(1931d), “Da Alemaña. II. O Rhin”, Nós, nº 86, 15-II, pp. 28-37; nº 88, 15-IV, pp. 75-76.
(1931e), “A ideoloxía do nacionalismo exposta en esquema”, ANT, nº 281, 1-III, pp. 2-3. Tamén en Céltiga, nº 154, 25-V, pp. 7-9.
(1931f), “Sobr’a Universidade Compostelán”, Céltiga, nº 152, 25-IV, pp. 7-8.
(1931g), “Lerias Novas”, Suplemento de Nós, Ourense, nº 32, xullo, pp.1-10.
(1931h), “Da Alemaña. III. Berlín”, Nós, nº 88, 15-IV, pp. 77-79; nº 89, 15-V, pp. 91-93; nº 92, 18-VIII, pp. 144-152; nº 96, 15-XII, pp. 228-234; nº 100, 14-IV-1932, pp. 64-65; nº 102, 15-VI, pp. 108-110; nº 104, 15-VIII, pp. 143-151; nº 105, 15-IX, pp. 169-174; nº 106, 15-X, pp. 188-195; nº 107, 15-XI, pp. 201-207; nº 110, 15-II-1933, pp. 31-37; nº 111, 15-III, pp. 52-54; nº 112, 15-IV, pp. 60-68; nº 119, 15-XI, pp. 235-241; nº 120, 15-XII, pp. 254-259.
(1931i), “O programa do Nazonalismo”, ANT, nº 283, 1-V, p. 4.
(1931k), “Cumprindo co noso deber”, ANT, nº 284, 1-VI, pp. 2-3.
(1932a), “Non lle cantes cantos brandos”, Heraldo de Galicia, Ourense, nº 62, 4-I, p. 1. Tamén ANT, nº 292, 1-II, p. 4.
(1932b), “Mensages”, Heraldo de Galicia, nº 67, 8-II, p. 1.
(1932c), “Leria Nova. Sin novedad en el frente”, Heraldo de Galicia, nº 79, 9-V, p. 1.
(1932d), “Pensamento en col da fé e mais da cultura. I. Da renacencia do catolicismo”, Logos, Pontevedra, nº 18, xuño, pp. 81-83.
(1932e), “Pensamento en col da fé e mais da cultura. II. Galiza e a renacencia católica”, Logos, nº 19, xullo, pp. 97-100.
(1932f), “Sobre o Estatuto Galego”, Heraldo de Galicia, nº 98, 19-IX, p. 1.
(1932g), “Pensamento en col da fé e mais da cultura. III. Catolicismo e latinismo”, Logos, nº 23, novembro,pp.161-166.
(1932h), “Compostelanas”, Heraldo de Galicia, nº 112, 26-XII, p. 2.
(1933a), “Leria Nova. I. Pra os que combaten o Estatuto de Galiza. II. Euriberia e afroiberia. III. Revolución”, Heraldo de Galicia, nº 115, 16-I, p. 1.
(1933b), “Leria Nova. O que van buscando os galeguistas”, Heraldo de Galicia, nº 116, 23-I, p. 1.
(1933c), “Leria Nova. Os númaros de Bóveda”, Heraldo de Galicia, nº 119, 13-II, p. 1.
(1933d), “Si fracasara el Estatuto”, Heraldo de Galicia, nº 121, 27-II, p. 1.
(1933e), “A Paixón de Cristo e a historia”, Logos, nº 28-29, abril-maio, pp. 69-71.
(1933f), “Lume Novo”, ANT, nº 298, 24-VI, p. 1.
(1933g), “Nós, os inadaptados”, Nós, nº 115, 25-VII, pp. 115-123.
(1933h), “Leria Nova. I. Uruguay. II. Soviets. III. Estatuto”, Heraldo de Galicia, nº 143, 31-VII, p. 1.
(1933i), “Carta aberta a D. Víctor Casas”, Heraldo de Galicia , nº 153, 16-X, p. 1.
(1933k), “Leria Nova. O deber do galeguismo”, Heraldo de Galicia, nº 155, 30-X, p. 1. Tamén en ANT, nº 316, 6-XI, p. 2.
(1933l), “Folklore de Melide” e “Estudo etnográfico de Terra de Melide”, in Terra de Melide, Santiago, Seminario de Estudos Galegos.
(1934a), “Manuel Murguía”, Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Santiago, VI, pp. IX-XLVI.
(1934b), “Mitteleuropa. I. Praga”, Nós, nº 122, 15-II, pp. 28-34; nº 123, 15-III, pp. 49-55; nº 124-125, abril-maio, pp. 89-91; nº 126-127, xuño-xullo, pp. 116-117; nº 128-129, agosto-setembro, pp. 136-139.
(1934c), “Nacionalismo galego”, Alento, nº 1-2, xullo-agosto, pp. 4-8; nº 3, setembro, pp. 36-40; nº 5, novembro, pp. 84-86; nº 6, decembro, pp. 123-126; nº 7-8, xaneiro-febreiro 1935, pp. 157-163. TAmén en ANT, nos. 351, 353, 354, 355, 361, 363, 364, 365, 366, 367, do 6-X ó 25-V-1935.
(1934d), “Mitteleuropa. 2. Viena”, Nós, nº 128-129, agosto-setembro, pp. 139-142; nº 131-132, nov.-dec., pp. 185-189; nº 134, 15-II-1935, pp. 35-37; nº 135, 15-III, pp. 58-60, nº 136, 15-IV, pp. 72-76; nº 137-138, maio-xuño, pp. 100-107.
(1934e), “Espranza no horizonte”, ANT, nº 347, 8-IX, p. 4 (Reproducido de Euzkadi).
(1934f), Mitteleuropa, Santiago, Ed. Nós.
(1935a), “Leria Nova. Os camiños de Deus”, Heraldo de Galicia, nº 214, 14-I, p. 1.
(1935b), “Leria Nova. Pol-o primeiro camiño”, Heraldo de Galicia, nº 215, 21-I, p. 1.
(1935c), “Leria Nova. Pequena espricadeira do anterior”, Heraldo de Galicia, nº 216, 28-I, p. 1.
(1935d), “Leria Nova. Perguntas e respostas”, Heraldo de Galicia, nº 218, 11-II, p. 1.
(1935e), “Leria Nova. Imos percisando mais”, Heraldo de Galicia, nº 219, 18-II, p. 1.
(1935f), “Leria Nova. Tempo sen alma”, Heraldo de Galicia, nº 220, 25-II, p. 1.
(1935g), “Leria Nova. O movemento católico”, Heraldo de Galicia, nº 224, 25-III, p.1.
(1935h), “Sobre la Asamblea del Partido Galleguista”, Heraldo de Galicia, nº 229, 29-IV, p. 1.
(1935i), “Leria Nova. Un pouco de doutriña política”, Heraldo de Galicia, nº 233, 27-V, p. 1.
(1935k), “Leria Nova. O primado da vida privada”, Heraldo de Galicia, nº 235, 10-VI, p.1.
(1935l), “A vocación filosófica de Galiza”, Logos, nº 46, xullo-setembro, pp. 57-62.
(1935m), “A leenda do Graal”, Nós, nº 139-144, xullo-decembro, pp. 176-182.
(1937a), “Sobre el pacifismo y la guerra”, Misión, Ourense, nº 1, 15-II, pp. 13-14.
(1937b), “La virtud como defensa”, Misión, nº 1, pp. 8-9.
(1937c), “Ensayos sobre el marxismo”, Misión, nº 20, 1-XII, pp. 10-11; nº 21, 15-XII, pp. 10-11; nº 23, 15-I-1938, pp. 10-11; nº 24, 1-II, pp. 10-11; nº 25, 15-II, pp. 8-11; nº 26, 1-III, pp. 9-13.
(1937d), El sentido espiritual de la Historia, Ourense, Ed. Misión.
(1937e), Psicología del librepensador, Ourense, Suplemento de Misión.
(1938a), “La ciencia jurídica y el bolchevismo”, Misión, nº 23, 15-I, pp. 3-4.
(1938b), “Oswald Spengler y la actualidad”, Misión, nº 31, 15-V, pp. 4-5; nº 32, 1-VI, pp. 4-5.
(1938c), “Estudios sobre el judaísmo”, Misión, nº 40, 1-X, pp. 9-11; nº 41, 15-XI, pp. 10-11; nº 42, 1-XI, pp. 9-10; nº 43, 15-XI, pp. 9-11; nº 44, 1-XII, pp. 9-11.
(1938d), El Fuero del Trabajo, glosado, Ourense, Suplemento de Misión.
(1944a), Historia de los judíos desde la destrucción del Templo, Madrid.
(1947a), Satanás. Biografía del diablo, Madrid, Libros y Revistas
(1952a), Historia de Galicia, Vigo, Ed. Galaxia.
(1953a), La `puerta de paja, Barcelona, Ed. Planeta.
(1959a), “En memoria de Florentino López Cuevillas”, Boletín de la Real Academia Gallega, nº 333-338, novembro, pp. 127-133.
(1961a), El Libro de las Horas, Ourense, Gráficas Tanco.
(1962a), “Etnografía. Cultura espiritual”, in R. Otero Pedrayo, dir., Historia de Galicia. Buenos Aires, Ed. Nós, Vol.1.
(1963a), Mitología cristiana, Madrid, Editora Nacional.
(1968a), Orden y caos, Madrid, Escelicer
Coñecendo mellor ao autor
Unidade didáctica sobre Vicente Risco
Para traballala figura de Vicente Risco en colexios ou con grupos de xente moza ofrecémosche unha unidade didáctica que podes descargar
