Cruz Risco
Cruz Martínez-Risco ou Cruz Risco, como acostumaba a asinar ou a ser recoñecida, foi a filla menor de Vicente Risco e María del Carmen Fernández; unha filla serodia, pois naceu cando seu pai tiña case 59 anos e xa dous irmáns, Antón que lle levaba 17 anos e María Jesús, 10. Naceu no domicilio familiar da ourensá rúa de Santo Domingo e con certa présa: cando o doutor Peña Rey chegou, Cruz xa estaba fóra do útero materno.
Os primeiros anos escolares de Cruz transcorreron no Colexio Inmaculada Concepción onde, en non poucas ocasións, amosou un carácter rebelde. No 1953 remata alí os estudos e ingresa Colexio Santa Teresa-Carmelitas de Ourense para realizar o Bacharelato Elemental e o Superior que remata no curso 1959-1960.

CRUZ Risco no seu tempo
1943
Naceu no domicilio familiar da ourensá rúa de Santo Domingo e con certa présa: cando o doutor Peña Rey chegou, Cruz xa estaba fóra do útero materno.
1953
Remata os estudos no Colexio Inmaculada Concepción e ingresa no Colexio Santa Teresa-Carmelitas de Ourense para realizar o Bacharelato Elemental e o Superior que remata no curso 1959-1960.
1962
No verán de 1962, xunto con Fina Sánchez, Mariló Alonso, Celsa Rego, Susana Salgado, M. C. Monjardín e Maribel Outeiriño, realizan o primeiro campamento nunha finca familiar en O Castro de Caldelas. E nesta iniciativa participará dous veráns máis.
1963
Ingresa na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid. Alí realizará os tres cursos e as prácticas correspondentes: por exemplo, no curso 1964-1965 realizará as prácticas en
La Voz de Asturias
en Uviéu, onde coincidirá coa súa amiga Marcela Martínez Zapico. Ao rematar, é posible que realizara outras colaboracións xornalísticas tanto na prensa coma na radio, por exemplo, en RNE.
1968
Atopámola en Londres. Pola súa correspondencia postal sabemos que vai pasar uns dous anos no Reino Unido: atopámola en varios domicilios e con traballos diversos, mais, sobre todo, aproveita para viaxar e coñecer a illa de norte a sur e mesmo outros lugares de Europa como Bruxas, Amsterdam ou Bruxelas.
1972
Radícase en París para estudar e traballar.
1974
Comeza o grao en dirección de cine na Universidad de Vincennes-Paris VIII, grao que culminaría en 1979 coa defensa da
memoire de maîtrisse
titulada “Problemes de l’émigration en Galicie (Realisation Filmique)”. Realmente, o seu traballo de fin de estudos foi a realización do filme
Por que marchamos.
1975
En 1975 un grupo de estudantes de Vincennes, entre os que estaba Cruz, desprázase ata Lisboa. Gravan un documental sobre a caída da ditadura, un documental ilocalizado e que lle causou non poucos desvelos.
1977
No verán do 1977 catro estudantes de Vincennes, o Grupo 4, a saber, Begoña Zanguitu, Pilar del Caz, Elisabeth Aguirre e Cruz Risco trasládanse a Galicia para rodar nas romarías e festas o retorno nas vacacións da emigración galega en París. No curso seguinte montan as imaxes e finalmente presentan o resultado xa en Galicia a finais do verán do 78: un filme duns 34 minutos (ilocalizado) que tivo bastante percorrido en distintos espazos durante 1979, chegando mesmo a formar parte dunha sección dentro da Seminci de Valladolid. Agora ben, dese filme quédanos a memoria escrita (17 páxinas) coa que rematou os seus estudos universitarios en París.
1978
ealizará en Vitoria o son para
Toque de queda
, longametraxe de Iñaqui Núñez. E no 1979 vémola integrando, con nomes referentes do cinema vasco, unha cooperativa de nome “Azti-Begi” co obxectivo de chegar a realizar un filme de José María Tuduri.
E no ano 1980 Cruz Risco abandona Paris. E instálase no Mediterráno: en Altea. Alí, nun edificio en ruínas coñececido como Villa Los Ángeles, grava ao pouco de chegar unha curta duns 7m con guión e dirección de seu, titulada
Villa Los Ángeles
, depositada na Filmoteca española. Nese ano tamén faría a axudantía de dirección da curta
Barbarrás
que dirixiu o artista valenciano Just
Cuadrado.
A colaboración con el continuou en
Sept anys d’una aventura voluntaria
(1982), ambas as dúas sen localizar polo de agora.
1986
ircunstancias familiares anticiparon o seu regreso a Ourense sobre o ano 86. E seguía devecendo por facer cine; por iso imos encontrala colaborando no cinema galego; con Chano Piñeiro en
Esperanza
(1986) ou facendo o son para
Río de sombras
(1986) de Daniel Domínguez ou o son tamén de
Vagabundos
(1989) de Emilio Pérez Calviño. Tamén regresa ao periodismo por un breve período de tempo da man de
Diario de Galicia
e ao ensino na Escola de Formación Profesional de Imaxe e Son de Bemposta que dirixía o Padre Silva.
1992
Falece en Ourense con só 49 anos.
Biografía Completa

Biografía de Cruz Risco
Cruz Martínez-Risco ou Cruz Risco, como acostumaba a asinar ou a ser recoñecida, foi a filla menor de Vicente Risco e María del Carmen Fernández; unha filla serodia, pois naceu cando seu pai tiña case 59 anos e xa dous irmáns, Antón que lle levaba 17 anos e María Jesús, 10. Naceu no domicilio familiar da ourensá rúa de Santo Domingo e con certa présa: cando o doutor Peña Rey chegou, Cruz xa estaba fóra do útero materno.
Os primeiros anos escolares de Cruz transcorreron no Colexio Inmaculada Concepción onde, en non poucas ocasións, amosou un carácter rebelde. No 1953 remata alí os estudos e ingresa Colexio Santa Teresa-Carmelitas de Ourense para realizar o Bacharelato Elemental e o Superior que remata no curso 1959-1960.
O seu carácter emprendedor lévaa a ser unha das pioneiras do guidismo (movemento xuvenil dirixido a rapazas) en Ourense, e mesmo en Galicia. No verán de 1962, xunto con Fina Sánchez, Mariló Alonso, Celsa Rego, Susana Salgado, M. C. Monjardín e Maribel Outeiriño, realizan o primeiro campamento nunha finca familiar en O Castro de Caldelas. E nesta iniciativa participará dous veráns máis.
Sen dúbida, os estudos universitarios deberon impedirlle participar máis alá do verán de 1964 nestes campamentos. E é que Cruz, tras unha proba de acceso realizada o 15 de setembro de 1963, ingresa na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid. Alí realizará os tres cursos e as prácticas correspondentes: por exemplo, no curso 1964-1965 realizará as prácticas en La Voz de Asturias en Uviéu, onde coincidirá coa súa amiga Marcela Martínez Zapico. Ao rematar, é posible que realizara outras colaboracións xornalísticas tanto na prensa coma na radio, por exemplo, en RNE.
Con todo, era unha muller ávida de coñecemento e de pescudar novos horizontes. Así en agosto de 1968 xa a atopamos en Londres. Pola súa correspondencia postal sabemos que vai pasar uns dous anos no Reino Unido: atopámola en varios domicilios e con traballos diversos, mais, sobre todo, aproveita para viaxar e coñecer a illa de norte a sur e mesmo outros lugares de Europa como Bruxas, Amsterdam ou Bruxelas. O seu percorrido xeográfico ten un elo: as visitas a museos e exposicións.
Tras este periplo por terras británicas, a finais do verán do 1972 situámola de novo no continente, en concreto, na Costa Azul, na área de Cannes. Descoñecemos que traballo desenvolvía alí. Agora ben, xa o 7 de novembro dese ano confírmalle ás tías e á nai que está en París con dous obxectivos: estudar e traballar.
Canto aos estudos, neses primeiros tempos faría estudos de cine no Conservatoire Libre du Cinema Français. E canto á residencia, despois de non poucos problemas para atopar un lugar, compartiría chambre de bonne cunha amiga de Madrid no 17 da avenue Franco-Russe. Diversas tarefas propias de estudantes serían o que lle permitiría sosterse economicamente. E no curso 1974-1975 comeza o grao en dirección de cine na Universidad de Vincennes-Paris VIII, grao que culminaría en 1979 coa defensa da memoire de maîtrisse titulada “Problemes de l’émigration en Galicie (Realisation Filmique)”. Realmente, o seu traballo de fin de estudos foi a realización do filme Por que marchamos.
A chegada de Cruz á Universidade de Vincennes supuxo a súa entrada de feito no cinema. Como estudante de primeiro curso participaría, por exemplo, en diversas curtametraxes sobre a loita do campesiñado de Larzac. Mais tamén nese ano de 1974 atopámola colaborando no documental de Jean Lassave, Le musée fantôme. Nese ano tamén parece que fai algunha incursión no fotoxornalismo máis político da man da axencia de fotos Fotolib que traballaba fundamentalmente para o xornal Libération.


En 1975 un grupo de estudantes de Vincennes, entre os que estaba Cruz, desprázase ata Lisboa. Gravan un documental sobre a caída da ditadura, un documental ilocalizado e que lle causou non poucos desvelos.
Ao ano seguinte realizará o son da curta Viaje a Venecia (perdida), traballo de fin de curso do mexicano Antonio Beltrán no IDHEC. Mais o curso académico do 1976-1977 sería un punto de inflexión. No verán do 1977 catro estudantes de Vincennes, o Grupo 4, a saber, Begoña Zanguitu, Pilar del Caz, Elisabeth Aguirre e Cruz Risco trasládanse a Galicia para rodar nas romarías e festas o retorno nas vacacións da emigración galega en París. No curso seguinte montan as imaxes e finalmente presentan o resultado xa en Galicia a finais do verán do 78: un filme duns 34 minutos (ilocalizado) que tivo bastante percorrido en distintos espazos durante 1979, chegando mesmo a formar parte dunha sección dentro da Seminci de Valladolid. Agora ben, dese filme quédanos a memoria escrita (17 páxinas) coa que rematou os seus estudos universitarios en París.
Eses anos universitarios tamén lle deron a posibilidade de traballar noutras cinematografías. Así en 1978 realizará en Vitoria o son para Toque de queda, longametraxe de Iñaqui Núñez. E no 1979 vémola integrando, con nomes referentes do cinema vasco, unha cooperativa de nome “Azti-Begi” co obxectivo de chegar a realizar un filme de José María Tuduri.
E no ano 1980 Cruz Risco abandona Paris. E instálase no Mediterráno: en Altea. Alí, nun edificio en ruínas coñececido como Villa Los Ángeles, grava ao pouco de chegar unha curta duns 7m con guión e dirección de seu, titulada Villa Los Ángeles, depositada na Filmoteca española. Nese ano tamén faría a axudantía de dirección da curta Barbarrás que dirixiu o artista valenciano Just Cuadrado. A colaboración con el continuou en Sept anys d’una aventura voluntaria (1982), ambas as dúas sen localizar polo de agora.
E desde Altea, quizais algo decepcionada polas dificultades para facer cine, retoma a súa profesión xornalística con media ducia de colaboracións en El País Semanal e tamén empeza a impartir cursos de iniciación ao cine para profesorado de secundaria.
Circunstancias familiares anticiparon o seu regreso a Ourense sobre o ano 86. E seguía devecendo por facer cine; por iso imos encontrala colaborando no cinema galego; con Chano Piñeiro en Esperanza (1986) ou facendo o son para Río de sombras (1986) de Daniel Domínguez ou o son tamén de Vagabundos (1989) de Emilio Pérez Calviño. Tamén regresa ao periodismo por un breve período de tempo da man de Diario de Galicia e ao ensino na Escola de Formación Profesional de Imaxe e Son de Bemposta que dirixía o Padre Silva.
A creatividade de Cruz non só abrangueu o cinema. Tamén escribía con certa profusión poesía e relatos breves e, algo que a acompañou dende moi nova, o debuxo. E esta creatividade apagouse a noiteboa do 92 con tan só 49 anos.
