Biografía Antón Risco

Antón Risco



Antón Martínez-Risco Fernández, nacido en Allariz no ano 1926 é parceiro da xeración inmediata á Guerra Civil, que a collera na preadolescencia e a marcaría para sempre. Estamos falar da nosa patria e mais do Estado. Elocuente proba constitúea a fonda amizade, nunca interrumpida, de Antón Risco e o gran poeta José Angel Valente. Naquel fato estaban tamén o pintor Virxilio, e o escritor Julio López Cid, gañador do Premio Café Gijón nos 50, na actulidade funcionario reformado da ONU con residencia perto de París; o asemade intermitente escritor, con varios romances publicados, José Eduardo Valenzuela.



ANtón Risco no seu tempo

1926


Antón Martínez-Risco Fernández, nacido en Allariz no ano 1926 é parceiro da xeración inmediata á Guerra Civil, que a collera na preadolescencia e a marcaría para sempre. Estamos falar da nosa patria e mais do Estado.

1922


Casa en 1922 coa alaricana María do Carmo Fernández. Na vila de Allariz nacerán os seus fillos, na casa onde está ubicada a Fundación que leva o seu nome.

1907


Academicamente, foi bacharel en Ourense. Estudou dereito en Santiago, onde se licenciou no 1907. Despois mestre de ensino primario, tras un frustante paso pola administración de facenda. Ingresou na Escola Superior do Maxisterio en Madrid. Cátedra de Historia e a súa Metodoloxía na Normal de Ourense.

1917


Do 1917 ao 1945 proxectou a súa docencia sobre sucesivas xeracións. Polos anos 30, grao de Filosofía en Santiago.

1945



Do 1945 ao 1950 explicou psicoloxía na Escola Normal de Madrid.
Regresa a súa praza de Ourense impartindo novamente Filosofía até que se xubila en 1954.

1963



Vivirá na súa cidade natal até o seu pasamento o 30 de abril de 1963.

Biografía de Antón Risco

Antón Martínez-Risco foi un prolífico crítico e teórico da literatura -autor de varios libros e numerosísimas colaboracións en revistas especializadas e prensa periódica- e un serodio pero anovador autor narrativo en galego.

Iniciou os estudos de Filosofía e Letras o ano 1956 na Universidade de Santiago de Compostela e rematounos, en 1961, na Universidade Complutense de Madrid, licenciándose na Sección de Filoloxía Románica. Ese ano trasladouse Toulouse para ocupar a praza de lector de español na súa Universidade, ata o curso 1965-1966 no que marchou aos Estados Unidos como profesor na Universidade de Eugene, en Oregón. Alí rematou a tese doutoral sobre Valle-Inclán -lida o ano 1966 na Universidade Complutense de Madrid polaue recibiu a cualificación de “Sobresaliente cum laude”. A continuación pasou a traballar na canadiana Universidade de Mount Allison ata o ano 1969, en que se trasladou ao seu destino académico definitivo: a Universidade Laval do Quebec.


Na faceta creativa, na que proporcionou novos temas e estruturas á literatura galega, destacan dous libros de relatos e unha serie de novelas publicadas nas dúas últimas décadas do século XX, con títulos como Memorias dun emigrante (1986, Premio da Crítica española) ou As metamorfoses de Proteo (1989, Premio da Crítica Galega).

Estudou a literatura española do Modernismo e do 98 –Azorín, Baroja-, a literatura fantástica –Literatura y fantasía (Madrid, Taurus, 1982); Literatura fantástica de lengua española. Teoría y aplicaciones (Madrid, Taurus, 1987) e Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega (Vigo, Galaxia, 1991)- e a literatura galega, sobre todo a obra de Vicente Risco, Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro. Tamén se interesou pola mitoloxía e a cultura popular galegas.

Como teórico da literatura centrouse na recepción literaria en obras como Literatura y figuración (Madrid, Gredos, 1982) e A figuración literaria (Vigo, Xerais, 1991) .

Sen embargo, “a súa inicial e principal atención á literatura española producida entre a fin do século XIX e o principio do XX concentrouse de maneira preeminente no estudio de Valle-Inclán” , cunha produción crítica, contida nunha serie de publicacións que podemos dividir en tres grupos atendendo ao formato e data de edición.

O primeiro inclúe os dous libros editados en Gredos nos anos 1966 e 1977, titulados respectivamente, La Estética de Valle-Inclán en los esperpentos y “El Ruedo Ibérico” e El Demiurgo y su mundo: hacia un nuevo enfoque de la obra de Valle-Inclán.

Tras unha paréntese de nove anos, inicia en 1986 co proxecto de estudo titulado “Las dos columnas del templo de Salomón” (Revista Canadiense de Estudios Hispánicos) unha serie de artigos que remata en 1991, cando publica o retrospectivo “Leer a Valle-Inclán” (Ínsula) onde fai balance das diferentes etapas da crítica valleinclaniana.

No último período (1991-1995) preparou a edición crítica -con estudo introdutorio- das Comedias Bárbaras, primeiro nun único volume publicado no Círculo de Lectores (1991) e, logo, en tres libros distintos –Cara de Plata (1992), Águila de Blasón (1994) e Romance de Lobos (1995)- en Espasa-Calpe.

Bibliografía

Como escritor, Antón Risco deixounos obras de ficción e de non ficción.

Podedes consultalo listado a continuación

Ficción

El terrorista
La cita
Memorias dun emigrante
Hyppogriph
Serpentáguila
As metamorfoses de Proteo
O caso
Xogo de gardas e ladróns
Margarida D´Ouridac
Mascarada
Tres situacións elementais
Os fillos do río
O embrión
Obxectos Antigos de Orixe Ignorada

Non Ficción

Azorín y la ruptura con la novela no tradicional
Cunqueiro e a Historia
Pensamento de Risco
Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega
Literatura fantástica de lengua española
Literatura y fantasía
Las ideas lingüísticas de Larra
Viaxes á América Latina á procura da luteratura fantástica
Para ler a Vicente Risco
La estética de Valle Inclán en los esperpentos y en el Ruedo Ibérico
El demiurgo y su mundo. Hacia un nuevo enfoque de ka estética de Valle Inclán
Ediciones críticas: Comedias bárbaras. Cara de plata. Águila de blasón. Romance de lobos. El caballero de las botas azules