Fundación Vicente Risco

Rúa San Lorenzo, 3

C.P.: 32660

Allariz (Ourense)

Email

Fundacion Vicente Risco



LUNS, 13-IX-2010

16.00-16.30.-
Recepción de participantes e entrega de material.

16.30-18.15.-
Mesa Redonda: A literatura de viaxes na época contemporánea: Carlos F. Velasco / María López Sández / Xosé Somoza Medina
 
18.30-20.15.-
Mesa Redonda: A experiencia da viaxe e o intelectual
de preguerra: Pilar García Negro / Xusto G. Beramendi /
Ricardo Gurriarán

20.30-21.30.-
Inauguración da exposición Europa en Vicente Risco.
Presentación a cargo de representantes da Fundación Vicente Risco


MARTES, 14-IX-2010

16.30-18.30.-
Mesa Redonda: As olladas sobre Galiza de escritores/as
e viaxeiros/as a inicios do século XX: Luis Caparrós /
Manuel Forcadela / Kathleen March / Pilar Cagiao

18.45-20.30.-
Mesa Redonda: A descoberta do país a través dos textos
literarios: Francisco Salinas / Alberte Allegue / Anxo Angueira

20.45-21.45.-
Visionado de Dédalus en Compostela


MÉRCORES, 15-IX-2010

16.30-18.15.-
A descoberta do país a través da ciencia (SEG): os percursos arqueolóxicos, etnográficos, musicais...: José Mª Eguileta /
X. M. González Reboredo / Luis Costa
 
18.30-19.45.-
Mesa Redonda: A visión da Galiza desde a emigración:
Bieito Alonso / Uxío-Breogán Diéguez

20.15-21.15.-
Concerto música tradicional a cargo da Aula Gomes Mouro. Entrada Libre.


XOVES, 16-IX-2010

16.30-18.15.-
Mesa Redonda: Viaxar para aprender: as viaxes de Risco e Castelao: Camiño Noia / Manuel Outeiriño / Miguel A. Seixas

18.30-20.15.-
Mesa redonda: Viaxar para aprender: os novos e a súa formación (R. Dieste, L. Tobío, C. Maside, F. Fernández Armesto): Arturo Casas / Marga Romero / Xosé R. Pousa
 
20.30-21.00.-
Clausura do Curso: conclusións.




MATRÍCULA
Para realizar a matrícula entre no seguinte enlace
e indique como código de referencia: 761510
http://matricula.udc.es/Actividades/Matricula/SeleccionaActividade.asp?lIdActividad=99
Imprima as tres follas de liquidación e fáganos chegar a copia validada polo banco por calquera dos seguintes medios:
correo electrónico occocc@udc.es, fax 981 167 013, correo ordinario ou en persoa a Universidade da Coruña,
Oficina de Cursos e Congresos Casa do Lagar, Campus de Elviña, 15071 A Coruña.
Durante o desenvolvemento do curso deberá entregar o orixinal ao coordinador/a, no caso de que non o tivese entregado.



CRÉDITOS
1 crédito de libre configuración (21 horas)
polas Universidades da Coruña e Vigo.


CONSULTAS
Correo electrónico: secretaria@fundacionvicenterisco.com
Teléfono: 626 002 019

LUGAR DE CELEBRACIÓN
Auditorio Municipal de Ourense
Rúa da Canle 2


RESPONSÁBEIS DO CURSO
DIRECTORA
Carme Fernández Pérez-Sanjulián
(Dpto. de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da UDC)
SECRETARIO
Luis Martínez-Risco Daviña
(Fundación Vicente Risco)

COLABORAN
Fundación Vicente Risco
Xacobeo 2010 Galicia
Xunta de Galicia
Deputación Provincial de Ourense
Concello de Ourense-Concellería de Cultura
Universidade da Coruña e
Universidade de Vigo









 
Entre o 5 e o 10 de xullo celebrouse en Allariz a terceira edición do curso VIVENDA E ESPAZOS DE RELACIÓN NOS NÚCLEOS ORIXINAIS DE GALICIA, centrado nas Casa, Aldeas e Parroquías.





PROGRAMA

luns 5 de xullo

MAÑÁ

10,00 Recepción asistentes.

10,30-11,00 Inauguración: Autoridades Académicas e Institucionais.

11,00-13,00 Conferencia inaugural: Juan Luís Dalda Escudero (Arquitecto, Prof da ETSA da UdC )

13,00-14,00

Conferencias para a presentación dos traballos; Oficina de Rehabilitación de Allariz. ,Dr.

Xosé María Cardesín Díaz (Prof. Tit. de Socioloxía da Universidade da Coruña), Celso

Rodríguez Cao,( Arqueólogo), Marta Somoza Medina, ( arquitecto) e Alfredo Freixedo

Alemparte (Arquitecto, Prof Asoc. da ETSA da Universidade da Coruña) .

TARDE

16,30-19,00 Traballo de Campo e posta en común.

19,30-20,30 Presentación publicación traballos ano anterior.

Martes 6 xullo

MAÑÁ

10,00-14,00 Traballo de Campo.

TARDE

16,30-20:00 Traballo de Campo e posta en común..

Mércores 7 xullo

MAÑÁ

10,00-14,00 Traballo de Campo.

TARDE

16,30-20:00 Posta en común con correccións

Xoves 8 xullo

MAÑÁ

10,00-13,30 Presentación das diversas propostas.

TARDE

16,30-20:00 Traballo de Campo e posta en común..

Venres 9 xullo

MAÑÁ

10,00-13,30 Presentación das diversas propostas.

TARDE

16,30-20:00 Traballo de Campo e posta en común.

Sábado 10 xullo

MAÑÁ

10,00-12,30 Presentación das diversas propostas e debate

12,30-13,30 Conferencia "fotografía y territorio” Mark Ritchie.

13,30-14,00 Clausura do Curso. Francisco García Suárez. Alcalde de Allariz.

Relación de intervenientes.

- Alfredo Freixedo Alemparte , Arquitecto, Prof Asoc. da ETSA da Universidade da

Coruña.

- Dr. Xosé María Cardesín Díaz , Prof. Tit. de Socioloxía da Universidade da Coruña.

- Juan Luis Dalda Escudero, Arquitecto, Prof Tit. da ETSA da Universidade da

Coruña.

- Mark Ritchie, Fotografo.

COORDENADORES:

- Juan Aragonés Martínez, estudante de arquitectura.

- Mª Jesús Blanco Piñeiro, Arquitecto.

- Elvira Carregado Pazos, Arquitecto Concello de Ourense.

- Mario Crecente Maseda, Arquitecto.

- Pedro Dieguez Iglesias, Arquitecto.

- Sandra Gonzalez Alvarez , estudante de arquitectura

- Celso Rodríguez Cao. Arqueólogo

- Adolfo Rodríguez de la Rua, Arquitecto.

- Manuel Seoane Feijoo, Arquitecto e Prof. Escola de Arte e Superior de Deseño

Antonio Failde.

- Henrique Seoane Prado, Arquitecto, Prof Asoc. da ETSA da Universidade da

Coruña.

- Marta Somoza Medina, arquitecto da Oficina de rehabilitación de Allariz.

- Manuel Vecoña Pérez, Arquitecto. D.X. Patrimonio Cultural.

- Francisco Vidal Pérez, Arquitecto, Profesor da ETSA da UdC.

ORGANISMOS COLABORADORES

- Universidade da Coruña

- Xunta de Galicia

- Deputación Provincial de Ourense

- Concello de Allariz

- Fundación Vicente Risco

Lugar de celebración

Apertura e conferencias: Salón de actos do Fogar de Maiores, Rúa Barreira - Allariz.

Fundación Vicente Risco, Rúa San Lorenzo – Allariz.

Area de traballo: Parroquia de Requeixo de Valverde. Santa María. Núcleos de

Valverde, Requeixo e Paciños

 

 Curso: A Protección Xurídica do Patrimonio Cultural

Imprimir FVR - 09-Xuño-2010 - 18:52:41  

 

 CINE: OS MUNDOS DE VICENTE RISCO

Imprimir FVR - 20-Maio-2010 - 23:21:37  


CINE: OS MUNDOS DE VICENTE RISCO

Encetamos unha actividade que pretendemos continuar os vindeiros anos baixo o título xenérico de OS MUNDOS DE VICENTE RISCO.
Co gallo do 80 cabo deano da viaxe de don Vicente a Alemaña para estudar folclore, estará centrado na República de Weimar.
Colaboran: Cine Clube Padre Feijoo, Festival de Cine de Ourense, Centro Galego de Arte Contemporanea e Instituto Goethe.

EXPOSICIÓN
O mércores 26 de maio, ás 20,00 horas na sede da Fundación Vicente Risco (Rúa San Lorenzo 3, Allariz) terá lugar a inauguración da exposición FOTOGRAFÍAS DA UFA (CINEMA ALEMÁ DE ENTREGUERRAS) que estará aberta ao público até o 30 de agosto.
Na primeira semana de setembro, a exposición poderá ser visitada na Casa da Cultura de Monforte de Lemos.

PROXECCIÓNS

OURENSE: CINE BOX ÁS 20,30 HORAS
.- 27-V-2010 O anxo azul. Presentación a cargo de Katherine Diestelmeier.
.- 3-VI-2010 Berlín sinfonía dunha gran cidade. Presentación a cargo de Miguel Anxo Fernández.
.- 10-VI-2010 Emilio e os detectives. Presentación a cargo de Xosé Manuel Rodríguez.
.- 17-VI-2010 Cabaret. Presentación a cargo de Arturo Lezcano.

ALLARIZ: CAFÉ CULTURAL ROI XORDO ÁS 20,30 HORAS
.- 16-VI-2010 O anxo azul. Presentación a cargo de Katherine Diestelmeier.
.- 23-VI-2010 Berlín sinfonía dunha gran cidade. Presentación a cargo de Miguel Anxo Fernández.
.- 30-VI-2010 Emilio e os detectives. Presentación a cargo de Xosé Manuel Rodríguez.
.- 7-VII-2010 Cabaret. Presentación a cargo de Arturo Lezcano.

SANTIAGO DE COMPOSTELA:  CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORANEO. MES DE AGOSTO.
(CONSULTAR CO CGAC)

MONFORTE DE LEMOS: CASA DA CULTURA. PRIMEIRA QUINCENA DE SETEMBRO.
(CONSULTAR COA CASA DA CULTURA)
 

 BASES DA XI EDICIÓN DO PREMIO RISCO DE CREACIÓN LITERARIA

Imprimir FVR - 23-Marzo-2010 - 18:28:21  


BASES DA XI EDICIÓN DO PREMIO RISCO DE CREACIÓN LITERARIA


O Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco, en colaboración coa editorial Sotelo Blanco, convoca un premio anual de CREACIÓN LITERARIA, co fin de abranguer os diferentes campos da obra, non só de don Vicente Martínez-Risco e Agüero, senón tamén a do seu fillo don Antón Martínez-Risco Fernández, veciños que foron desta cidade.
Ao Premio Risco de Creación Literaria, poderán presentarse novelas, conxuntos de relatos, ensaios, etc. Exclúense, polo tanto, teses académicas ou traballos especificamente científicos, que teñen o seu ámbito propio no Premio Vicente Risco de Cienciais Sociais.
Para este fin, e tendo en conta acolaboración e opinión da Fundación Vicente Risco, redactáronse as seguintes

BASES

Primeira
Poderá concorrer a este premiocalquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega, de acordo coa normativa oficial vixente e cunha extensión mínima de 150 DIN-A4 e máxima de 300.

Segunda
Os orixinais presentaranse por sextupicado en soporte de papel, mecanografados en letra Times New Roman de corpo 12 por unha soa cara a dobre espazo, antes do día 1 de outubro, data do nacemento de don Vicente, de 2010, no Rexistro Municipal do Concello de Ourense. 

Terceira
Cada orixinal irá acompañado dun sobre pechado, co título ou lema no seu exterior, cos seus datos (nome completo, enderezo e teléfono) e o título definitivo da súa obra.

Cuarta
A obra gañadora será premiada con 6.000,00 (seis mil) euros e a publicación do libro.

Quinta
O Xurado estará composto por cinco persoas escollidas entre personalidades do mundo da literatura. A presidencia será exercida pola persoa designada polo Concello de Ourense.

Sexta
A dcomposición do Xurado sdarse a coñecer pública e oportunamente pouco antes da data de emisión da súa decisión, sábado 20 de novembro.

Sétima
Se a calidade literaria das obras non fose estimábel, segundo o criterio do Xurado, o premio poderá declararse deserto.

Oitava
O Excmo. Concello de Ourense, resérvase o dereito de publicación, sen limitación de número de exemplares nin de edicións, da obra gañadora, reservándose tamén os dereitos de edición desta en todas as linguas coa posibilidade de ceder tales dereitos a terceiros.
A cuantía do premio considérase en concepto de adianto polos dereitos de autor. O beneficiario do premio, que se compromete  a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos, recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada.
Asemada, a persoa gañadora do premio formará parte do Xurado na seguinte edición.

Novena
Os orixinais que non resulten premiados seranlles devoltos aos seus autores e autoras se os requirisen por escrito antes de ramatar o ms seguinte á decisión do Xurado.

Décima
A participación neste premio leva de seu a aceptación das presentes BASES, así como a decisión do Xurado, que será inapelábel.

Ourense, abril de 2010
 
Interactivo
Solicitudes
Actividades
Textos Vicente Risco
Unidades didácticas
Estudos Vicente Risco
Estudos Antón Risco
Cine: Os mundos de Vicente Risco
Exposicións
Outros
Subvencionado por:
Visual Q