A Todo Risco

Espectáculo “A todo Risco” de Avelino González

Animámolo a contrate este espectáculo, pode ver unha breve mostra neste enlace de YouTube:

Falar de Risco non é só falar de Risco, nin sequera falar só da #XeraciónNós, é tamén falar de nós: de vostede e de ti. Dos soños que nos ilusionan e dos prexuízos que nos pechan o mundo.
A #XeraciónNós era xente coma nós: soñadora e tamén medosa. Combateron o medo coa ilusión que
lles deu o coñecemento, combateron a desilusión coa curiosidade.
E Vicente Risco foi unha persoa moi curiosa (en todos os sentidos dapalabra), coma nós. “A todo Risco” fala de todo isto e, a pesar dos tempos, danos ferramentas para combater os prexuízos e motivos para manter a ilusión.

Contar a Risco é un deporte de Risco.
Risco é a esencia das contradicións desa xente marabillosa que foi a Xeración Nós.
Risco deu ó nacionalismo galego o corpo teórico que fixo del un movemento social e político sólido, e así o recoñeceu Castelao.
As súas obras “O Porco de pé”, “O lobishome”, “Meixelas rosa”, … son os petiscos cos que servimos este espectáculo para o seu disfrute.
Era un coñón, noctámbulo, bohemio, que gustaba do baile e de gozar da vida ata altas horas da madrugada.
Gustaba da sauna e da meditación e do viño tostado e fundou a primeira congregación budista de Galicia.
Sabía e practicaba o humor como xabre que daba solidez, perenne e sólida, ó estarmos no mundo.
Risco, a Xeración Nós, mira cara adiante; reivindica a tradición como chave da creatividade e a orixinalidade, e polo tanto do futuro.
Curiosamente “Harry Potter” e “Xogo de Tronos” déronlle a razón.
Non, non é broma, nin unha parvada para chamar a atención.

Aspectos técnicos

· Coa luz propia do local.

· Co equipo de son do propio local.

· Para os casos que non haxa equipo de son, poñemos o equipo mínimo e micrófono de diadema.

· Tempo de montaxe: 1 hora.

· Duración do espectáculo: 1 hora.

· Tempo de desmontaxe: ½ hora.

Para máis información: secretaria@fundacionvicenterisco.com