Biografía e Obra
Vicente Risco:
Antón Risco:
Documentos Vicente Risco
Quen e Vicente Risco

Fundación Vicente Risco

Rúa San Lorenzo, 3

Apartado de correos 21

C.P.: 32660

Allariz (Ourense)

Teléfono de contacto: (00 34) 626002019

secretaria @ fundacionvicenterisco.com

 

HORARIO DE APERTURA
Sábado, domingo e festivos de 12:00 a 14:00 h.
Pechado:
1 xaneiro, 1 maio, 25 xullo, 25 decembro e desde o 6 de xaneiro ata o segundo sábado de febreiro

 

PLANTA BAIXA
Aproximación a Vicente Risco.
Exposicións temporais.
- Visita gratuíta

1º ANDAR
Recreación do despacho de Vicente Risco.
Sala adicada a Castelao e outros artistas da súa contemporaneidade.
Sala de caricaturas.
Exposición permanente sobre a novela “O Porco de Pé”
- 1 €

 

Visitas de grupos de máis de 15 persoas:
pedir cita no teléfono 988 680 892 (mínimo 48 horas de antelación)

_blog

  VENRES 29 DE AGOSTO ÁS 20:30 NA FUNDACIÓN VICENTE RISCO: INAUGURACIÓN DE "MOBÍLIA. AMOBLAR OS BAIXOS DUNHA FUNDACIÓN" UNHA REFLEXIÓN PLÁSTICA E POÉTICA SOBRE A INSTALACIÓN DO ESPAZO DOMÉSTICO.

Imprimir FVR - 25-Agosto-2014 - 19:46:47 



"MOBÍLIA. AMOBLAR OS BAIXOS DUNHA FUNDACIÓN"

UNHA REFLEXIÓN PLÁSTICA E POÉTICA SOBRE A INSTALACIÓN DO ESPAZO DOMÉSTICO.


O vindeiro venres 29 de agosto, ás 20:30. inaugúrase na sala da Fundación Vicente Risco (Allariz) unha mostra dunha arte que, malia ser xa unha tradición do arte de vangarda dos séculos XX e XXI, non adoita ser -alén de dignas e contadas excepcións- cultivada nin amosada nesta provincia: a instalación; falamos de "Mobilia. Amoblar os baixos dunha Fundación", unha Produción ARTE MUD concibida por Manolo Figueiras, Jesús Costa e Seo para o espazo no que o grupo de artistas ARTE MUD leva ano e medio programando exposicións en colaboración coa devandita institución.

No espazo instalado, os que asistan á inauguración, aberta a todas as persoas que o desexen, atoparán que tamén está presente a palabra na voz e na expresión de catro poetas: Rebeca Baceiredo, Claudio Pato e os irmáns David e Estevo Creus. Os textos, os poemas, a expresión vocal dos mesmos polos seus creadores, un agasallo en por si, contribuirán alén diso a establecer no ánimo e na percepción dos presentes o necesario desprazamento poético que xera agudeza nos sentidos e no corazón sensibilidade para a beleza adormentada das cousas, dúas útiles ferramentas para atravesar "Mobilia".

Poderosamente contribúen ó conxunto as obras de arte absorbidas nel, magníficas pezas de artistas diversos (membros uns, amigos outros, de ARTE MUD), encadradas nos diferentes xéneros da escultura (Rosendo Cid, Jesús Costa, Xavier Cuiñas, Jorge Varela), fotografía (Rosendo Cid, Jorge Díaz), pintura (Antonio Soria), collage (Rosendo Cid, José Carlos Seoane), cerámica (Xaime Piñeiro), e o mobiliario de creación (lámpadas, concretamente, de Mauro Trastoy e Lelédacuca).

A instalación ocupa completamente a Sala de Arte e pide ao visitante que se introduza nela (o que os conceptores da mesma denominan "calidez" da instalación; hainas cálidas e frías do mesmo xeito que hai cores cálidas e cores frías), que circule e procure construír a súa impresión xeral observando o conxunto desde moitos lugares do espazo ("Mobilia" non se abarca dunha ollada, o tipo de perspectiva que domina non é a "lineal" renacentista senón a "isométrica" chinesa), que probe o mobiliario (butacas, asentos) e que se instale á mesa dos cadernos, os abra e lea un ou varios parágrafos ó chou ou dé unha vista de ollos aos debuxos; e que, en fin, respire a atmosfera de conxunto que envolve aos obxectos: mobles, esculturas, cadros, fotografías, collages, bibelots, cerámicas, efémeros (elementos creados ex profeso para a instalación e que non pretenden ser obras de arte de seu, independentemente do seu lugar e función na mesma).

A importancia atribuída ao factor luz, á atmosfera interior creada, é aquilo ao que os conceptores da instalación atribúen o seu carácter "impresionista". Estamos todos invitados a experimentar, pois, o que os pais de "Mobilia" denominan "unha instalación impresionista, cálida e isométrica", ou o resultado de amoblar os baixos dunha fundación segundo o seguinte criterio-fórmula: que o factor pragmático tenda a cero e o estético a infinito.






Interactivo
Solicitudes
Actividades
Textos Vicente Risco
Unidades didácticas
Estudos Vicente Risco
Estudos Antón Risco
Exposicións
Poetas na corte d'el Rei Sabio
Publicacións
Doutor Alveiros
Axenda da Fundación Vicente Risco
Actividades 2018
Canal de la Fundacion en Youtube
Alveiros
Ensemble Hotteterre
Convocatorias de premios e concursos
  • Gracias a su forma, Kamagra 100mg se absorbe rápidamente sin causar irritación del tubo digestivo digestivo, que era la principal desventaja de Kamagra "estándar". Por otra parte, su efecto se hace notar mucho antes. Se recomienda tomar este medicamento aproximadamente una hora antes de la relación sexual esperada. El efecto de la medicación tiene una duración de hasta 4 horas. Se recomienda tomar de 25 a 100 mg de Kamagra Oral Jelly por día dependiendo de las características individuales del paciente.

Visual Q