Biografía e Obra
Vicente Risco:
Antón Risco:
Consulta de Fondos
Documentos Vicente Risco
Quen e Vicente Risco

Fundación Vicente Risco

Rúa San Lorenzo, 3

Apartado de correos 21

C.P.: 32660

Allariz (Ourense)

Teléfono de contacto: (00 34) 626002019

secretaria @ fundacionvicenterisco.com

_blog

 VENRES 7 DE FEBREIRO. A SOPRANO BEGOÑA SALGUEIRO PRESENTA NA FUNDACIÓN VICENTE RISCO "12 CANCIÓNS GALEGAS"

Imprimir FVR - 06-Febreiro-2014 - 23:08:07 





O critico musical ourensán Antonio Fernández Cid encargou unhas cancións
aos compositores máis punteiros da época: Mompou, Montsalvatge, Maestro Rodrigo,
Toldrá, Argenta, Guridi, … Dando a cada un deles un poema dun escritor galego, que el
mesmo escolleu: Cabanillas, Rosalía de Castro, Curros Enriquez, Noriega Varela,
Vicente Risco, ... O resultado foi esta colección de cancións, editada no ano 1951 pola
Deputación de Ourense.
A estrea fíxose en Ourense coa soprano Carmen Pérez Durías e a pianista
Carmen Díez Martín. Despois de se interpretar unha segunda vez en Madrid, a
colección ficou no esquecemento, rescatándose dúas cancións que fixeron moi
famosas Montserrat Caballé e Victoria de los Angeles: Aureana do Sil e As floriñas dos
toxos.
O valor realmente importante do disco que gravamos no Auditorio de Galicia
63 anos despois, é que se trata dun traballo inédito. Até a data, non existe unha
gravación enteira do disco.
Presentamos un disco –libro, que as súas 116 páxinas inclúen os poemas con
notas a rodapé explicando os modismos da época e algunhas erratas de edición. Inclúe
tamén un prólogo de Luís Costa (musicólogo e profesor da Universidade de Vigo).
Ilustracións da pintora viguesa Menca Estéve. E un texto do crítico Xosé Carlos
Bernárdez, gran coñecedor da poesía galega. E un texto da propia soprano, Begoña
Salgueiro, no que se explica o proxecto.



Morreu un mozo
qu'inda na feira
topei antronte
Lobos famentos
lobos qu'oubean
baixan do monte
Haivos touciños
postos o turne
depindurados
Andan os gatos
vagariñantes
polos tellados
Anxeles tolos
andan xogando
coas estreliñas
¡Ai vagorosa
lua d'invemo
pr'onde camiñas!
Branca, lumiosa,
frorida de neve,
noite de Natal.
Baixan anxeliños
con áas de cristal
Hei d'armar con liga
y hei de pillar un
pra ter na gayola que teño valeira
e dame tristura
de tela tan sola.
¡Cantas luas acesas sobor da neve
na noite de Natal!
A brétema non bota seu atento
en tan craro cristal.
A terra
branca de neve ou de luar
com 'unha donceliña de castidá vestida,
hoxe viñérona buscar.
No ceo n'hai estrelas.
Viñeron os anxos a por elas
par'as levar alén.
Hoxe choven estrelas
no portal de Belén.

VICENTE RISCO. Ourense. Natal, /9/8. Publicados en "Nós", suplemento literario de El Noroeste. A Coruña, 24 de
decembro de 1918. Reproducidos en A Nosa Terra nº 77. A Coruña, 6 de xaneiro de 1919.

Interactivo
Solicitudes
Actividades
Textos Vicente Risco
Unidades didácticas
Estudos Vicente Risco
Estudos Antón Risco
Exposicións
Poetas na corte d'el Rei Sabio
Publicacións
Doutor Alveiros
Axenda da Fundación Vicente Risco
Actividades 2018
Canal de la Fundacion en Youtube
Alveiros
Ensemble Hotteterre
Convocatorias de premios e concursos
  • Gracias a su forma, Kamagra 100mg se absorbe rápidamente sin causar irritación del tubo digestivo digestivo, que era la principal desventaja de Kamagra "estándar". Por otra parte, su efecto se hace notar mucho antes. Se recomienda tomar este medicamento aproximadamente una hora antes de la relación sexual esperada. El efecto de la medicación tiene una duración de hasta 4 horas. Se recomienda tomar de 25 a 100 mg de Kamagra Oral Jelly por día dependiendo de las características individuales del paciente.

Visual Q