Biografía e Obra
Vicente Risco:
Antón Risco:
Documentos Vicente Risco
Quen e Vicente Risco

Fundación Vicente Risco

Rúa San Lorenzo, 3

Apartado de correos 21

C.P.: 32660

Allariz (Ourense)

Teléfono de contacto: (00 34) 626002019

secretaria @ fundacionvicenterisco.com

_blog

 MÉRCORES 15 DE XANEIRO ÁS 20:30 NO ROI XORDO-ALLARIZ. RECITAL POÉTICO DE ALEXIS DÍAZ-PIMIENTA

Imprimir FVR - 07-Xaneiro-2014 - 23:16:38 



O escritor e repentista Alexis Díaz-Pimienta naceu en La Habana en 1966. Especialista en
oralidade e improvisación, debutou con só cinco anos na radio e TV cubanas, e hoxe con tres
décadas de traballo en ditos medios, ademais de ter percorrido coa súa arte países tan distintos
como México, Alxeria, Venezuela, Italia, Colombia, Portugal, Siria, Suíza, Francia, Brasil, Rusia,
Ecuador, Serbia, Arxentina, Alemaña, Uruguai, Panamá, Porto Rico e Chile, ademais de España e
Cuba. Ademais, compartiu escenario con artistas de renome internacional como Silvio Rodríguez,
Jorge Drexler, Kiko Veneno, Amaury Pérez, Danny Rivera, Albita Rodríguez e moitos outros.
Autor de obras imprescindibles sobre o fenómeno do repentismo en Cuba, ten impartido multitude
de obradoiros e seminarios dedicados a esta arte en universidades e centros docentes e artísticos
dunha chea de países. Así mesmo, é director da Cátedra Honorífica de Poesía Improvisada da
Universidade das Artes de La Habana, dirixe o Proxecto Nacional de Obradoiros Especializados de
Repentismo e ten organizado varios festivais nacionais infantís deste teor no país. Igualmente
dirixiu e conduciu proxectos televisivos e radiofónicos en torno á improvisación, á vez que
desenvolve plataformas que tratan de achegala ás novas tecnoloxías e publica artigos en revistas
especializadas de América e Europa.
Xunto a esta faceta, ten ata o de agora publicados trinta e dous títulos de poesía, novela, ensaio,
contos, teatro e literatura infantil, polos que recibiu importantes galardóns tanto en Cuba coma en
España. Poemas e contos seus foron traducidos ao italiano, inglés, xaponés, árabe, búlgaro, finés,
alemán e parsi.
                                                   YOLANDA CASTAÑO
              

Interactivo
Solicitudes
Actividades
Textos Vicente Risco
Unidades didácticas
Estudos Vicente Risco
Estudos Antón Risco
Exposicións
Poetas na corte d'el Rei Sabio
Publicacións
Doutor Alveiros
Axenda da Fundación Vicente Risco
Actividades 2018
Canal de la Fundacion en Youtube
Alveiros
Ensemble Hotteterre
Convocatorias de premios e concursos
  • Gracias a su forma, Kamagra 100mg se absorbe rápidamente sin causar irritación del tubo digestivo digestivo, que era la principal desventaja de Kamagra "estándar". Por otra parte, su efecto se hace notar mucho antes. Se recomienda tomar este medicamento aproximadamente una hora antes de la relación sexual esperada. El efecto de la medicación tiene una duración de hasta 4 horas. Se recomienda tomar de 25 a 100 mg de Kamagra Oral Jelly por día dependiendo de las características individuales del paciente.

Visual Q