Biografía e Obra
Vicente Risco:
Antón Risco:
Consulta de Fondos
Mecenas da Fundación
Quen e Vicente Risco

Fundación Vicente Risco

Rúa San Lorenzo, 3

Apartado de correos 21

C.P.: 32660

Allariz (Ourense)

Teléfono de contacto: (00 34) 626002019

secretaria @ fundacionvicenterisco.com

_blog

 RUBÉN MARTÍNEZ ALONSO GAÑA A XIV EDICIÓN DO PREMIO RISCO DE CREACIÓN LITERARIA

Imprimir FVR - 04-Decembro-2013 - 21:55:42 

As escaleiras do gran hotel, gañadora do XIV Premio Risco de Creación Literaria.

 

A obra é do historiador Rubén Martínez Alonso, e está recreada no Balneario de Mondaríz 

Ourense, 4 de decembro de 2013- As escaleiras do gran hotel, é a obra gañadora do XIV Premio Risco de Creación Literaria. Trátase dunha trama de intrigas políticas e ideolóxicas previo á Segunda República. A protagonista é unha feminista adiantada ao seu tempo, que racha co modelo familiar da época e soña cun futuro de independencia económica e intelectual. 

Esta decisión foi adoptada despois de máis de dúas horas de deliberación, nas que o xurado destaca a gran calidade literarias das obras presentadas. O xurado estivo formado por: María Garrido Rodríguez, Xoán Carlos Feixoo Mirón, Serafín Alonso Pintos, Ánxela Gracián e o gañador da edición pasada Alberto Ramos.

Premio Risco de Creación Literaria

O Concello de Ourense ven desde hai anos colaborando co Premio Risco de Creación Literaria, unha iniciativa da Fundación Vicente Risco, que ten como finalidade promover a creación literaria nun dos eidos máis amados por Vicente e Antón Risco, como o da Literatura Fantástica. Desde a edición do 2006 pasa formalmente a denominarse Premio Risco de Creación Literaria.

O galardón, que este ano acadou a súa XIV edición, conta tamén coa colaboración da editorial Sotelo Blanco. É un premio de carácter anual, co fin de abranguer os diferentes campos da obra non só de quen foi veciño ilustre – Vicente Risco - senón tamén a do seu fillo, don Antón Martínez – Risco Fernández, veciños que foron desta cidade.


Os premiados das diferentes edicións deste premio son:

 

2000 A rosa de Borges de Xosé Carlos Caneiro

2001 O Caderno de Xavier López López

2002 A embaixada do vinagre de Xosé Luís Martínez Pereiro

2003 O sangue dos camiños de Ramón Caride Ogando

2004 Deserto

2005 Un escuro rumor tralo silencio de Isidro Novo

2006 Os mércores de Fra de Zurzo Sierra Veloso

2007 Para dicir abril de Xosé Vázquez Pintor

2008 Deserto

2009 A do vinteún de Hixinio Puentes

2010 Deus xogando aos dados de Fernando Méndez

2011 Olladas de Adelaida Vidal

2012 Todos os días de Alberto Manuel Ramos Ríos


Interactivo
Solicitudes
Actividades
Textos Vicente Risco
Unidades didácticas
Estudos Vicente Risco
Estudos Antón Risco
Exposicións
Poetas na corte d'el Rei Sabio
Publicacións
Axenda da Fundación Vicente Risco
Actividades 2017
Canal de la Fundacion en Youtube
Alveiros
Ensemble Hotteterre
Convocatorias de premios e concursos
  • Gracias a su forma, Kamagra 100mg se absorbe rápidamente sin causar irritación del tubo digestivo digestivo, que era la principal desventaja de Kamagra "estándar". Por otra parte, su efecto se hace notar mucho antes. Se recomienda tomar este medicamento aproximadamente una hora antes de la relación sexual esperada. El efecto de la medicación tiene una duración de hasta 4 horas. Se recomienda tomar de 25 a 100 mg de Kamagra Oral Jelly por día dependiendo de las características individuales del paciente.

Visual Q