Biografía e Obra
Vicente Risco:
Antón Risco:
Documentos Vicente Risco
Quen e Vicente Risco

Fundación Vicente Risco

Rúa San Lorenzo, 3

Apartado de correos 21

C.P.: 32660

Allariz (Ourense)

Teléfono de contacto: (00 34) 626002019

secretaria @ fundacionvicenterisco.com

_blog

 PREGÓN DE MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ NA INAUGURACIÓN DA "FESTA DO LIBRO GALEGO". ALLARIZ 12 DE OUTUBRO DE 2012

Imprimir FVR - 12-Outubro-2012 - 23:47:56 

[Hai uns días, cando o Carlos, da libraría Aira das Letras me convidou a dicir unhas verbas na apertura da Festa do Libro Galego, en Allariz, díxenlle que era máis axeitado levar a Frank Soutelo. Chamei a Frank, e díxome que o seu non era falar en público e xa que anda nestas semanas polo país por mor dun caso novo, tampouco lle conviña darse moito a coñecer. Pero engadiu que podía mandarme unhas letras cunha condición: “Dálle unha ollada antes”. Esas letras, velaí…].

FRANK SOUTELO E O LIBRO GALEGO

Pode sorprender un sabuxo que lea e que teña agarimo polos libros, pero iso é posible e para proba o meu caso. E máis pode sorprender que teña unha querenza especial polo libro galego, pero todo ten o seu por que.
Meu pai era un exiliado con moitas amizades no galeguismo da República. Mesmo souben despois da súa morte, por unha carta que conservaba entre os seus papeis, que se acollera aos ditados daquel Partido Galeguista fundado en 1931, aínda que non cheguei a confirmar sobre a súa militancia.
Por iso mantiña na nosa casa ao pe do río Hudson en Nova York, unha pequena biblioteca de libros en galego. Pequena porque aquel piso tampouco daba para moito, pero a carón do seu pequeno escritorio, sobre o que todos os días miraba o xornal, tiña un pequeno moble con andeis nos que pousaban os libros que mercaba nunha librería que tiña de man e que viñan sobre todo da Arxentina, e xa desde o albor dos sesenta, dos editados pola pioneira Galaxia.
Recordo a primeira edición de Sempre en Galiza, de Castelao, impresa en Bos Aires en 1944, que na miña mirada de neno sorprendíame polo seu papel basto, e con moitas páxinas, todas sen cortar nos cantos. De Castelao tiña tamén Os vellos non deben de namorarse. 
De Pedraio, Arredor de si, cun galego que meu pai xa me advertía que non o atoparía doado. 
De Risco, O porco de pé, editado pola coruñesa Nós en 1928. 
De Cunqueiro, As crónicas de Sochantre
De Blanco-Amor, Os biosbardos
Por alí estaban tamén os contos de Á lus do candil, de Ánxel Fole. E así podería seguir.
Lembro en particular un exemplar da primeira edición do Vento mareiro de Ramón Cabanillas, impreso en Cuba en 1917. E tanto que o lembro, que o conservo como unha xoia bibliófila na miña casa de Malibú, pero ata aí xa chegarei máis adiante. Lembro ben aqueles versos do poeta da Raza… Sendo eu neno, meu pai pasoume un día aquel poemario para que me iniciara na lectura da lingua dunha Galicia que imaxinaba máxica e que eu aínda non visitara daquela.
O meu vello, na casa falaba galego coa miña nai, e despois tamén pasou a falalo comigo, aínda que non coa miña irmá (en fin, da miña irmá prefiro non dicir nada, quéroa por compartir o mesmo sangue, pero estamos nas antípodas, nunca quixo saber nada do galego nin do país...).
Dicía ao comezo das miñas verbas, do meu agarimo polos libros e do pouco que van coa imaxe tópica do sabuxo que traballa entre efluvios etílicos, moito catre, puño de ferro para mallar e dedo fácil para disparar.
Leo o que podo e teño unha rara preferencia pola novela policial, polos clásicos norteamericanos pero sobre todo pola europea, a de Menkell, Camilleri, Vargas, León e sobre todo o grego Petros Márkaris. E algún máis que agora non ven ao caso…
E sigue medrando a miña biblioteca galega. Fáiseme moi raro visitar unha vila ou unha cidade de Galicia e non entrar nunha libraría para saír con algún libro, sobre todo galego. E non vou dar nomes agora, pero procuro estar ao día aínda sabendo que tampouco podo chegar a todo polo moito que absorbe a miña profesión.
Dicíalles da miña casa de Malibú e fixen referencia a miña irmá. Debo precisar que o da miña irmá agravouse por ter casado cun fulano de Asuntos Internos, pero iso xa o contei en Luar no inferno e non paga a pena perder un minuto con ese pailán.
Aconteceu que cando morreu o vello e tocou o de partir a herdanza, ela chamoume a Los Angeles para dicirme que ía tirar ao lixo as súas pertenzas, libros incluídos, e que xa chamara a unha empresa para iso. Foi tal o cristo que montei a través do teléfono, que a miña secretaria Pat Pérez entrou alarmada no despacho para facerme xestos de si perdera a cabeza… Mandeille a irmá que a esa mesma empresa lle fixera embalar todas as pertenzas –a roupa acordamos darlla a unha ONG- e que mas enviara a Los Ángeles.
Aquel fondo de libros galegos atesourados polo meu pai con moito agarimo e un aquel de morriña, ocupa agora un lugar importante na miña biblioteca, pois como lles veño dicindo, que Frank Soutelo sexa un sabuxo, non quita que lle apaixonen os libros e mesmo teño algúns costumes de bibliófilo, pero ese é conto para outra ocasión.
E xa lles adianto tamén que na miña próxima aventura, que vai duns cartos fedentos e algúns corruptos nestes tempos adoecidos que estamos a vivir, visito a fermosa vila de Allariz acompañando a Dalia Maxino (lembrarana por Lume de cobiza), que ven a asesorarse para restaurar unha casa antiga que mercou no Carballiño. E aproveitando a visita, fago parada na libraría Aira das Letras para levarme uns libros e algún cómic.
Mentres tanto, meus parabéns por esta Festa do Libro Galego e que nos andeis das vosas bibliotecas luzan os libros galegos da mesma maneira que lucían na do meu pai, naquela casa ao pé do río Hudson. E non esquezan que, como dixo o admirado Umberto Eco, “O libro é coma a roda, unha vez inventado non se pode facer nada mellor”.
Moitas grazas!
Miguel Anxo Fernández

Festa do Libro Galego. Allariz, 12.10.2012

Interactivo
Solicitudes
Actividades
Textos Vicente Risco
Unidades didácticas
Estudos Vicente Risco
Estudos Antón Risco
Exposicións
Poetas na corte d'el Rei Sabio
Publicacións
Doutor Alveiros
Axenda da Fundación Vicente Risco
Actividades 2018
Canal de la Fundacion en Youtube
Alveiros
Ensemble Hotteterre
Convocatorias de premios e concursos
  • Gracias a su forma, Kamagra 100mg se absorbe rápidamente sin causar irritación del tubo digestivo digestivo, que era la principal desventaja de Kamagra "estándar". Por otra parte, su efecto se hace notar mucho antes. Se recomienda tomar este medicamento aproximadamente una hora antes de la relación sexual esperada. El efecto de la medicación tiene una duración de hasta 4 horas. Se recomienda tomar de 25 a 100 mg de Kamagra Oral Jelly por día dependiendo de las características individuales del paciente.

Visual Q