Biografía e Obra
Vicente Risco:
Antón Risco:
Consulta de Fondos

Fundación Vicente Risco

Rúa San Lorenzo, 3

C.P.: 32660

Allariz (Ourense)

secretaria @ fundacionvicenterisco.com

_blog

 ADELAIDA VIDAL VIZCAYA GAÑA A XII EDICIÓN DO PREMIO RISCO DE CREACIÓN LITERARIA

Imprimir FVR - 28-Novembro-2011 - 23:49:27 

 

ACTA DO XURADO PARA O XII PREMIO RISCO DE CREACIÓN LITERARIA

No Concello de Ourense, sendo as trece horas do día vinte e seis de novembro de dous mil once, REÚNESE o xurado nomeado para o Premio Risco de Creación Literaria de Ourense na súa duodécima edición, e que estivo composto polas seguintes persoas: Arturo Lezcano Fernández (envía a súa valoración por escrito) Xulio García Golpe, Constantino Pazos Sobrino, Fernando Méndez e Ánxela Gracián en representación da editorial Sotelo Blanco; actuando como secretario Luís Martínez-Risco Daviña da fundación Vicente Risco, sendo a Presidenta do Xurado a Concelleira de Cultura, Festas e Festival de Cine, Auditorio e Normalización Lingüística, Dona Isabel Pérez González (sen voz nin voto)

O Secretario fai constar o agradecemento a todos os membros do xurado pola súa participación.

Tras unha ampla deliberación, acordouse conceder o XII Premio Risco de Narrativa ao traballo presentado co título:

OLLADAS

O xurado cualifícaa como unha novela na que cómpre salientar un relato minimalista, cheo de realismo e frescura narrativa. Con personaxes moi contemporáneos que apostan polos soños. A trama está sostida por un narrador omnisciente que "todo o sabe", e non entanto non emite xuízos de valor, deixando que os personaxes teñan autonomía e identidade propias.

O secretario procede á apertura do sobre correspondente, resultando autora da obra gañadora:

Adelaida Vidal Vizcaya

En proba de conformidade, subscríbese a presente acta da que eu como Secretario dou testemuño no lugar e data arriba citados.

Ourense, 26 de novembro de 2011

Luís Martínez-Risco Daviña


Interactivo
Solicitudes
Actividades
Textos Vicente Risco
Unidades didácticas
Estudos Vicente Risco
Estudos Antón Risco
Cine: Os mundos de Vicente Risco
Exposicións
Publicacións
Enlaces
Subvencionado por:
Visual Q