Biografía e Obra
Vicente Risco:
Antón Risco:
Consulta de Fondos

Fundación Vicente Risco

Rúa San Lorenzo, 3

C.P.: 32660

Allariz (Ourense)

secretaria @ fundacionvicenterisco.com

_blog

 CELEBRACIÓN DAS I XORNADAS "MANUEL BLANCO ROMASANTA"

Imprimir FVR - 07-Novembro-2011 - 23:12:55 


Os pasados 29, 30 e 31 de outubro de 2011 celebráronse en Allariz as I Xornadas Manuel Blanco Romasanta, organizadas pola Fundación Vicente Risco e o Concello de Allariz.
O día 29, ás 19,30 horas, Pancho Álvarez principia as Xornadas recreando un cantar de cegos a partires do plego de cordel editado en 1853. A versión das coplas están ilustradas por Francisco Paradelo.




Acto seguido, na sede da Fundación Vicente Risco, ten lugar a inauguración da exposición sobre "Os lugares de Romasanta" con fotografías cedidas polo xornalista José Domíngues, reprodución do retrato realizado por Luís García Mañá, o cartaz do filme dirixido por Pedro Olea e interpretada por José Luis López Vázques, O bosque do lobo; e documentación cedida polo Arquivo do Reino de Galiza, Arquivo Castro Vicente e Antonio Roma Valdés.


















A I Xornada remara coa mesa redonda na que, moderados por Antonio Blanco, os participantes José Domínguez, Antonio Roma Valdés, Roberto Bustillo, Luís Garcia Mañá e Felix Castro Vicente, abordan a figura de Manuel Blanco Romasanta dende diversas perspectivas: xuídica, literaria, popular, histórica, ... Luís García Mañá apùnta a posibilidade de que Manuel Blanco actuase a causa da inxesta de "cornezuelo" e Felix Castro adiante a descuberta das súas pesquisas de investigación sobre o paradero de Manuel Blanco Romasanta, quen falecería no penal de Ceuta.






A segunda xornada, día 30, estivo dedicada á proxección do filme  O bosque do lobo, dirixida por Pedro Olea quen participou activamente nas Xornadas explicando pormenores do filme e os seus problemas coa censura. O director vasco agasallou á Fundación Vicente Risco co cartaz orixinal do filme, por el deseñado, mais que foi rexeitado pola censura.




As xornadas conclúen o 31 de outubro coa proxección da recreación do xuizo a Romasanta producido pola Fundación Vicente Risco e interpretado polos veciños de Allariz a partires do guión de Antonio Roma Valdés e Maria Luz Carreras Souto, dirixidos por José Luis Quintana, realización Luis Morales Bellet, gravación Francisco Javier Feijoo, música de Andrés González, axudante de realziación Roxelio Barbosa, produción Alfonso Vázquez-Monjardín Blanco e asesoría histórica de Antonio Blanco. Antes de proxectar a recreación do xuízo, Xosé Fortes, en nome da equipo de actores e demais participantes, entregou a Pedro Olea unha copia da obra representada.






Interactivo
Solicitudes
Actividades
Textos Vicente Risco
Unidades didácticas
Estudos Vicente Risco
Estudos Antón Risco
Cine: Os mundos de Vicente Risco
Exposicións
Publicacións
Enlaces
Subvencionado por:
Visual Q