Biografía e Obra
Vicente Risco:
Antón Risco:
Consulta de Fondos

Fundación Vicente Risco

Rúa San Lorenzo, 3

C.P.: 32660

Allariz (Ourense)

secretaria @ fundacionvicenterisco.com

_blog

 BASES DA XI EDICIÓN DO PREMIO RISCO DE CREACIÓN LITERARIA

Imprimir FVR - 23-Marzo-2010 - 18:28:21 


BASES DA XI EDICIÓN DO PREMIO RISCO DE CREACIÓN LITERARIA


O Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco, en colaboración coa editorial Sotelo Blanco, convoca un premio anual de CREACIÓN LITERARIA, co fin de abranguer os diferentes campos da obra, non só de don Vicente Martínez-Risco e Agüero, senón tamén a do seu fillo don Antón Martínez-Risco Fernández, veciños que foron desta cidade.
Ao Premio Risco de Creación Literaria, poderán presentarse novelas, conxuntos de relatos, ensaios, etc. Exclúense, polo tanto, teses académicas ou traballos especificamente científicos, que teñen o seu ámbito propio no Premio Vicente Risco de Cienciais Sociais.
Para este fin, e tendo en conta acolaboración e opinión da Fundación Vicente Risco, redactáronse as seguintes

BASES

Primeira
Poderá concorrer a este premiocalquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega, de acordo coa normativa oficial vixente e cunha extensión mínima de 150 DIN-A4 e máxima de 300.

Segunda
Os orixinais presentaranse por sextupicado en soporte de papel, mecanografados en letra Times New Roman de corpo 12 por unha soa cara a dobre espazo, antes do día 1 de outubro, data do nacemento de don Vicente, de 2010, no Rexistro Municipal do Concello de Ourense. 

Terceira
Cada orixinal irá acompañado dun sobre pechado, co título ou lema no seu exterior, cos seus datos (nome completo, enderezo e teléfono) e o título definitivo da súa obra.

Cuarta
A obra gañadora será premiada con 6.000,00 (seis mil) euros e a publicación do libro.

Quinta
O Xurado estará composto por cinco persoas escollidas entre personalidades do mundo da literatura. A presidencia será exercida pola persoa designada polo Concello de Ourense.

Sexta
A dcomposición do Xurado sdarse a coñecer pública e oportunamente pouco antes da data de emisión da súa decisión, sábado 20 de novembro.

Sétima
Se a calidade literaria das obras non fose estimábel, segundo o criterio do Xurado, o premio poderá declararse deserto.

Oitava
O Excmo. Concello de Ourense, resérvase o dereito de publicación, sen limitación de número de exemplares nin de edicións, da obra gañadora, reservándose tamén os dereitos de edición desta en todas as linguas coa posibilidade de ceder tales dereitos a terceiros.
A cuantía do premio considérase en concepto de adianto polos dereitos de autor. O beneficiario do premio, que se compromete  a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos, recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada.
Asemada, a persoa gañadora do premio formará parte do Xurado na seguinte edición.

Novena
Os orixinais que non resulten premiados seranlles devoltos aos seus autores e autoras se os requirisen por escrito antes de ramatar o ms seguinte á decisión do Xurado.

Décima
A participación neste premio leva de seu a aceptación das presentes BASES, así como a decisión do Xurado, que será inapelábel.

Ourense, abril de 2010

Interactivo
Solicitudes
Actividades
Textos Vicente Risco
Unidades didácticas
Estudos Vicente Risco
Estudos Antón Risco
Cine: Os mundos de Vicente Risco
Exposicións
Publicacións
Enlaces
Subvencionado por:
Visual Q