Fundación Vicente Risco
Rúa San Lorenzo, 3
C.P.: 32660
Allariz (Ourense)
Novas
_blog
CURSO DE VERÁN: VIVENDA E ESPAZOS DE RELACIÓN NOS NÚCLEOS TRADICIONAIS DE GALICIA-II. XULLO-2009
Inaugurado polo Conselleiro de Cultura, celebruse en Allariz o curso VIVENDA E ESPAZOS DE RELACIÓN NOS NÚCLEOS TRADICIONAIS DE GALICIA-II.
O curso transcorreu entre os días 20-23 de xullo de 2009, participando activamente 35 alumnos.| PROXECTO DO CURSO |
Na liña das xornadas celebradas na Fundación Vicente Risco en setembro de 2007 baixo o titulo “PLANIFICACIÓN URBANÍSTICA EN ESPAZOS DE IDENTIDADE”, nas que se reflexionou sobre a rehabilitación, a nova edificación e o planeamento nos cascos históricos, mediante un debate entre diversos profesionais, que tería continuidade na 1ª edición do Curso VIVENDA E ESPAZOS DE RELACIÓN NOS NÚCLEOS TRADICIONAIS DE GALICIA, celebrado en Allariz en xullo de 2008, e no que, a partir da comprensión da identidade dos espacios públicos nos núcleos rurais, se pretendeu definir liñas de actuación que permitiran a protección destes lugares ao tempo que a súa evolución.
Presentamos, agora, a 2ª edición do curso VIVENDA E ESPAZOS DE RELACIÓN NOS NÚCLEOS TRADICIONAIS DE GALICIA nunha escala mais ampla co obxetivo de “ leer o territorio”.
Trataríase da intervención no territorio a partires da súa comprensión trala reflexión sobre o valor do patrimonio e da paisaxe.
Os temas formularanse en forma de preguntas para que se traballe con reflexións e ideas:
- A forma de se apropiar do espazo comunitario.
- Os rastros da memoria.
- A fotografía como modo de contar un espazo ou crear unha idea de proxecto.
- Os elementos que definen a paisaxe.
- Os signos de identidade das xentes do lugar.
- Os camiños.
O programa organizarase en tres fases:
- I: a realizar no primeiro día con conferencias sobre diversos temas que provoquen a reflexión sobre os valores do territorio e a paisaxe, a súa compresión, representación e transformación. Seguindo coa toma de contacto coa area de estudo.
- II: o traballo dos talleres nos que se desenvolverá a ánalise en lugares concretos.
- III: na tarde da última xornada, exporanse as reflexións e ideas de cada grupo, con intervencións e comentarios de todos os participantes.
O ámbito dos estudos é unha area próxima a vila de Allariz (superficie 700 Ha) na que se combinan elementos medioambientais e de patrimonio de gran interese: dúas zonas núcleo da Reserva da biosfera “ area de Allariz” con sistemas autóctonos de fondo de val, carballeiras e montes de formacións graníticas (900 m de altura), a Vía da Prata que atravesa a zona adaptándose topografía e que vai ser completada coa variante da ruta do Canelar e un camiño antigo cara a Celanova, ademais da aldea abandonada de San Salvador con trazas arqueolóxicas inda non estudadas.
A aproximación formúlase dende diferentes disciplinas: xeografía, ordenación do territorio, medio ambiente, socioloxía, fotografía, arqueoloxía e arquitectura.
A xeografía e a ordenación do territorio explican a forma deste, os usos que soporta e as posibles actividades a organizar.
O estudo do medio ambiente da conta dos ecosistemas que o caracterizan, a súa identificación, avaliación e xestión.
A socioloxía permítenos comprender as xentes que o habitaron , como usaban e entendían os lugares , e que elementos formaban e forma parte da súa identidade.
A fotografía rexistra o territorio que foi e que é, axudándonos a ver creando imaxes intencionadas ou intuitivas que introducen o primeiro xerme do proxecto.
A arqueoloxía ensínanos a ver as trazas casi invisibles que contan as transformacións do territorio no tempo dando coherencia ás formas actuais co revelación da memoria do lugar.
A arquitectura de vólumes e vacios posibilita habitar o lugar, no que debemos entender e respetar as construccions e a paisaxe existentes, pero tamen crear novos espacios que acobillen ás xentes de hoxe. Permitindo a protección destes lugares e mesmo a súa evolución.
Os alumnos formarían pequenos grupos tutelados por un arquitecto e codirixidos polos coordinadores das distintas disciplinas, que asistiran por turnos a tódolos grupos.
Os traballos podrán completar o Plano Especial desta area que na actualidade esta redactando a oficina técnica do Concello.
PROGRAMA
luns 20 de xullo
MAÑÁ
10,00-10,30. Apertura curso.
10,30-11,45 Conferencia: “Intervencións no paisaxe”. Manuel Gallego Jorreto (Dr. Arquitecto, Profesor da ETSA da UdC )
12,00-12,30 Inauguración do curso: Luís Martínez-Risco Daviña (Fundación Vicente Risco), Alfredo Freixedo Alemparte (Universidade da Coruña), Roberto Varela Fariña (Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia) e Francisco García Súarez (Alcalde do Concello de Allariz)
12,30-14,00 Conferencia “ A fotografía e o territorio” Xose Luis Suarez Canal ( Fotografo, Profesor Asociado de fotografía na Facultade de Ciencias da Información da USC)TARDE
16,30-19,00 Conferencias para a presentación dos traballos; Dr. José Somoza Medina, (Prof. Tit. de Xeografia Humana da Universidade de León), Dr. Xosé María Cardesín Díaz (Prof. Tit. de Socioloxía da Universidade da Coruña), Celso Rodríguez Cao,( Arqueólogo), Marta Somoza Medina, ( arquitecto) e Alfredo Freixedo Alemparte (Arquitecto, Prof Asoc. da ETSA da Universidade da Coruña)
19,30-20,30. Organización dos grupos.
Martes 21 xullo
MAÑÁ
10,00-14,00 Traballo en San Salvador. Fase de análise e diagnose .
TARDE
16,00-19.00. Traballo en San Salvador. Fase de análise e diagnose.
19,00-20,00 Posta en común.
Mercores 22 xullo
MAÑÁ
10,00-14,00 Traballo en San Salvador. Fase de propostas .
TARDE
16,00-19.00 Traballo en San Salvador. Fase de propostas.
19,00-20,00 Posta en común.
Xoves 23 xullo
MAÑÁ
10,00-13,30 Traballo en San Salvador. Fase de propostas .
TARDE
16,00-18.30 Presentación das propostas. Posta en común.
18,30-19,30 Conferencia "Proxectos no Territorio". Pablo Ramil Rego. Membro do Comité Científico das Resevas da Bioesfera.
19,00-20:00 Clausura do Curso.
Solicitudes
Actividades
Textos Vicente Risco
- CULTURA E NATURA
- Satanás. História do diabo
- Satanás. Historia del diablo
- Mitteleuropa
- Mitología cristiana
- La puerta de paja
- Historia de Galicia
- Elementos de metodología de la historia
- El problema político de Galicia
- El Oriente contado con sencillez
- Teoría do nacionalismo galego
- Sobre el concepto del héroe
- Orden y Caos (Exegesis de los mitos)
- O porco de pé
- Leria
- O bufón d'el rei
- BIBLIOGRAFÍA VICENTE DE RISCO
- Dédalus en Compostela-Français
- Dédalus en Compostela-English
- Dédalus en Compostela-Castellano
- Dédalus en Compostela-Deutsch
- Dédalus en Compostela
- Do futurismo e mais do Karma
- A Coutada
- Os europeos en Abrantes
- Meixelas de rosa
- Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros
- A velliña vella
- Romance de Mouros
- A trabe de ouro e a trabe de alquitrán
- O lobo da xente
- Céltiga
- La zarpa
Unidades didácticas
Estudos Vicente Risco
- Camino Noia: O local e o universal en Vicente Risco
- Arturo Lezcano: Salvador Del Riego
- Camilo Gonsar: "Vicente Risco"
- Arturo Lezcano "O Volter"
- Manuel Outeirno "Sobre A Coutada"
- O porco de pé 80 anos despois: Estudos de Manuel Forcadela, Alva Martínez Teixeiro, Cesar Morán Fraga e Anxo tarrio Varela
- Manuel Outeiriño: O humor político de Risco Estudo introdutorio á edición facsímile de O Porco de pé
- Segundo Alvarado Feijoo-Montenegro: O mundillo ourensán arredor de Risco
- Alejandro López Outeiriño: Vicente Risco xornalista
- Francisco Fernández del Riego: O Vicente Risco dos vellos tempos
- Arturo Lezcano: Os Artistiñas ou a Xeración Peter Pan
- Manuel Outeiriño: Risco e a leria nacionalista
- Justo Beramendi: Estudo Critico da Teoria do Nacionalismo Galego
Estudos Antón Risco
Cine: Os mundos de Vicente Risco
Exposicións
- Do saudosismo ao atlantismo. De Teixeira de Pascoaes a Vicente Risco.
- PRÉSTAMO DE EXPOSICIÓNS
- Vicente Risco na súa obra, dez grabados de Conde Corbal
- Europa en Vicente Risco
- Folleto da exposición da obra de Manuel Prego de Oliver
- Exposición Debuxos de Antón Risco
- Folleto da exposición Antón Risco visto por Virxilio
- Arquitectura sen arquitectos
- Vicente Risco no nacionalismo galego


