Fundación Vicente Risco
Rúa San Lorenzo, 3
C.P.: 32660
Allariz (Ourense)
Novas
_blog

Antón Risco nace en Allariz, nesta casa, no ano 1926. Dende neno amosa un espírito inquisitivo e imaxinativo incesante, ao que non é alleo o ambiente cultural no que desenvolve a súa vida a carón de seu pai; de seu padriño, Ramón Otero; dos amigos da familia Florentino López-Cuevillas, Xaquín Lorenzo, Prego de Oliver, Segundo Alvarado, Ricardo Outeiriño, Luís Trabazo, Ernesto Gómez del Valle, Conde Corbal, ...
Amigo, asemade, de Valente, López Cid, Virxilio, Quesada, Arturo Baltar, Acisclo Manzano, Arturo Lezcano e outros que, coma el, compartiron experiencias na tertulia de seu pai e fóra dela día a día.
Comeza estudos de Dereito, mais as leis puideron con el. Traballa no Montepio, mais a burocracia afógao. Retoma aos estudos, agora de Filosofía. Convértese en discípulo e
protexido do lingüista Rafael Lapesa.
Con máis de 30 anos decide marchar a Toulouse como lector de castellano. Coñece a Annie e casan. Trasládanse a Eugene-Oregon (USA) e permanecen aló un curso. Axiña pasan á Universidade Laval, en Québec, na que o Antón é profesor durante 30 anos. Adoptan a dúas nenas galegas, as súas fillas Anita e Florita.
Interésase fondamente polo nacionalismo canadiano francófono, e redescubre Galiza coa que manterá ininterrumpido contacto. Publica numerosas novelas en lingua galega e da pulo, coa intervención inestimábel do Concello alaricán, da Fundación que leva o nome de don Vicente.
Frustrado sempre por non ter a consideración de emigrante, retorna á terra, na que morre un 8 de febreiro de 1998. Descansa no Arnoia, o río que, segundo escribiu don Vicente, conserva para os de Allariz toda a beleza da vida e a felicidade dos paradisos perdidos.
Antón estivera, nos anos 60, en París, vivindo no mesmo cuarto, clandestinamene, co Virxilio. Durante esa estadía compartiu experiencias co pintor, para quen chegou a traballar de modelo.
Estas caricaturas que hoxe mostra a Fundación Vicente Risco son unha proba máis do interese do Antón polo mundo da arte, mesmo con obra propia, talento herdado de seu pai e da súa continua relación co mundo da plástica, cuxa historia, estilos, tendencias e autores coñecía polo miudo, amais de constituír a súa maior vocación despois da literaria e pedagóxica. Nesta obra adicional verqueu, naturalmente, a imaxinación e a permanente esculca que o caracterizaban.
Solicitudes
Actividades
Textos Vicente Risco
- CULTURA E NATURA
- Satanás. História do diabo
- Satanás. Historia del diablo
- Mitteleuropa
- Mitología cristiana
- La puerta de paja
- Historia de Galicia
- Elementos de metodología de la historia
- El problema político de Galicia
- El Oriente contado con sencillez
- Teoría do nacionalismo galego
- Sobre el concepto del héroe
- Orden y Caos (Exegesis de los mitos)
- O porco de pé
- Leria
- O bufón d'el rei
- BIBLIOGRAFÍA VICENTE DE RISCO
- Dédalus en Compostela-Français
- Dédalus en Compostela-English
- Dédalus en Compostela-Castellano
- Dédalus en Compostela-Deutsch
- Dédalus en Compostela
- Do futurismo e mais do Karma
- A Coutada
- Os europeos en Abrantes
- Meixelas de rosa
- Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros
- A velliña vella
- Romance de Mouros
- A trabe de ouro e a trabe de alquitrán
- O lobo da xente
- Céltiga
- La zarpa
Unidades didácticas
Estudos Vicente Risco
- Camino Noia: O local e o universal en Vicente Risco
- Arturo Lezcano: Salvador Del Riego
- Camilo Gonsar: "Vicente Risco"
- Arturo Lezcano "O Volter"
- Manuel Outeirno "Sobre A Coutada"
- O porco de pé 80 anos despois: Estudos de Manuel Forcadela, Alva Martínez Teixeiro, Cesar Morán Fraga e Anxo tarrio Varela
- Manuel Outeiriño: O humor político de Risco Estudo introdutorio á edición facsímile de O Porco de pé
- Segundo Alvarado Feijoo-Montenegro: O mundillo ourensán arredor de Risco
- Alejandro López Outeiriño: Vicente Risco xornalista
- Francisco Fernández del Riego: O Vicente Risco dos vellos tempos
- Arturo Lezcano: Os Artistiñas ou a Xeración Peter Pan
- Manuel Outeiriño: Risco e a leria nacionalista
- Justo Beramendi: Estudo Critico da Teoria do Nacionalismo Galego
Estudos Antón Risco
Cine: Os mundos de Vicente Risco
Exposicións
- Do saudosismo ao atlantismo. De Teixeira de Pascoaes a Vicente Risco.
- PRÉSTAMO DE EXPOSICIÓNS
- Vicente Risco na súa obra, dez grabados de Conde Corbal
- Europa en Vicente Risco
- Folleto da exposición da obra de Manuel Prego de Oliver
- Exposición Debuxos de Antón Risco
- Folleto da exposición Antón Risco visto por Virxilio
- Arquitectura sen arquitectos
- Vicente Risco no nacionalismo galego


