Fundación Vicente Risco
Rúa San Lorenzo, 3
C.P.: 32660
Allariz (Ourense)
Novas
_blog

XUSTIFICACIÓN
Partindo dun laboratorio privilexiado de referencia, un casco histórico de Galiza, en canto conxunto identitario, urbano e articulado, cunha formación baseada nun proceso diacrónico, buscamos criterios de actuación que, a priori e para estabelecer un debate ordenado, quedarían comprendidos en tres campos de acción: rehabilitación, nova edificación e planeamento integrado.
Hase ter en conta que os cascos históricos son tamén “espazos vivos”, é dicir, que debe ser sempre unha referencia a necesidade de conservar pero creando lugares aptos para vivir coas condicións propias do IIIº milenio que estamos iniciando.
Dende este punto de vista, buscamos un proxecto de futuro para o patrimonio, coa súa adaptación aos novos tempos, técnicas e modos de vida.
En resumo estabelecer un debate entre profesionais diversos para definir unhas liñas de actuación respectuosas co patrimonio e a identidade cultural, ao tempo que oferte solucións que cubra as demandas da cidadanía do XXI e acepte as novas propostas estéticas e de materiais. Como froito do debate e da reflexión, pretendemos redactar un manifesto con aqueles puntos que se consideren de relevancia para acadar os obxectivos previstos.
COORDENADORES
-Elvira Carregado Pazos (Arquitecto)
-Dr. José María Eguileta Franco (Arqueólogo Municipal do Concello de Ourense)
PARTICIPANTES
-Antonio Blanco Rodríguez (Prof. e Ex Concelleiro de Cultura, Concello de Allariz)
-Dr. Xosé María Cardesín Díaz (Prof. Tit. de Socioloxía da Universidade da Coruña)
-Dra. Raquel Casal García (Profesora de Arqueoloxía da Universidade de Santiago, Ex Directora Xeral de Patrimonio)
-Mario Crecente Maseda (Arquitecto, Ex Subdirector de Fomento da Xunta de Galicia)
-Antonio Díaz Otero (Profesor, Participante no Proxecto Terra)
-Delfín Fidalgo Fernández (Promotor e empresario turistico)
-Alfredo Freixedo Alemparte (Arquitecto, Prof Asoc. da ETSA da Universidade da Coruña)
-Dr. Manuel Gallego Jorreto (Arquitecto e Prof. Tit. da ETSA da Universidade da Coruña)
-Dr. Pedro de Llano Cabado (Arquitecto e Prof. Tit. da ETSA da Universidade da Coruña)
-Dr. Luís Martínez-Risco Daviña (Profesor. Secretario da Fundación Vicente Risco)
-Dr. Xerardo Pereiro Pérez (Prof. Tit. de Antropoloxía na UTAD-Polo de Chaves)
-Antonio Roma Valdés (Fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, coordinador da área de Patrimonio Histórico e de Ordenación do Territorio)
-Manuel Seoane Feijoo (Arquitecto e Prof. Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde)
-Xosé Carlos Sierra Rodríguez (Conservador de Museos, Director do Museo Etnográfico de Ribadavia e Delegado Provincial de Ourense da Consellería de Cultura e Deportes)
-Dr. José Somoza Medina (Prof. Tit. de Xeografia Humana da Universidade de León).
- Aurea E. Soto Vázquez (Arquitecto, Concelleira responsábel de urbanismo no concello de Ourense )
- Alfonso Vázquez-Monxardín Blanco (Usuario de espazos públicos con experiencia en rehabilitar a súa vivenda)
- Francisco Fariñas Busto (Director Museo Arqueolóxico de Ourense, Grupo Marcelo Macías)
- Servizo de urbanismo do Concello de Allariz.

Allariz, lugar de celebración das xornadas de traballo, constitúe un exemplo de xestión dun núcleo histórico, con criterios de rehabilitación integral do caserío e da poboación. Non obstante esta experiencia e consecución pódese ver alterada de non se abordar cunha estratexia de planificación conxunta e coordenada entre núcleo histórico e entorno, como reflicte a proliferación de urbanizacións impersoais ao redor dun espazo patrimonialmente saneado. Esta observación pode mantermos en garda ante outras actuacións no resto de Galiza.
Un núcleo histórico é un espazo de memoria habitado,vivo, con proxección de futuro. Iso implica unha necesaria obriga de rehabilitar e, en moitos casos, de introducir novas edificacións. Ante iso, é preciso estabelecer unha relación entre as arquitecturas preexistentes, froito da estratificación histórica, con outras que han de representar a nosa época. Proceso que terá continuidade no futuro. Esa relación estabelecerase mediante un diálogo reflexivo co medio sobre o que se actúa, e se o diálogo fose mudo actuar con creatividade harmónica en relación coas formas, volumes, parcelas e rueiro preexistentes, e sempre coa cautela e honestidade de que se está a crear un patrimonio futuro que enriquecerá o anterior. É preciso innovar para non mimetizar nin repetir, mais dende a nosa realidade e do coñecemento do medio herdado, espazo de afectividade e autoestima.
Os planeamentos deben ser integrais, poñendo sempre en relación os centros históricos cos seus espazos circundantes e , primando os espazos públicos en canto que conforman os auténticos escenarios de relación social e convivencia
As normativas urbanísticas non deberían verse como unha simple tradución da lei do solo, senón como reflexo dunhas normas consensuadas de convivencia. Tamén se elaborarán con total claridade, con fichas e catálogos accesibeis ao público e con coherencia de contidos.
É preciso achegar á sociedade coñecementos sobre o patrimonio, mais entendido este non como unha transmisión de conceptos especializados, senón cun criterio de educación cívica.
Solicitudes
Actividades
Textos Vicente Risco
- CULTURA E NATURA
- Satanás. História do diabo
- Satanás. Historia del diablo
- Mitteleuropa
- Mitología cristiana
- La puerta de paja
- Historia de Galicia
- Elementos de metodología de la historia
- El problema político de Galicia
- El Oriente contado con sencillez
- Teoría do nacionalismo galego
- Sobre el concepto del héroe
- Orden y Caos (Exegesis de los mitos)
- O porco de pé
- Leria
- O bufón d'el rei
- BIBLIOGRAFÍA VICENTE DE RISCO
- Dédalus en Compostela-Français
- Dédalus en Compostela-English
- Dédalus en Compostela-Castellano
- Dédalus en Compostela-Deutsch
- Dédalus en Compostela
- Do futurismo e mais do Karma
- A Coutada
- Os europeos en Abrantes
- Meixelas de rosa
- Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros
- A velliña vella
- Romance de Mouros
- A trabe de ouro e a trabe de alquitrán
- O lobo da xente
- Céltiga
- La zarpa
Unidades didácticas
Estudos Vicente Risco
- Camino Noia: O local e o universal en Vicente Risco
- Arturo Lezcano: Salvador Del Riego
- Camilo Gonsar: "Vicente Risco"
- Arturo Lezcano "O Volter"
- Manuel Outeirno "Sobre A Coutada"
- O porco de pé 80 anos despois: Estudos de Manuel Forcadela, Alva Martínez Teixeiro, Cesar Morán Fraga e Anxo tarrio Varela
- Manuel Outeiriño: O humor político de Risco Estudo introdutorio á edición facsímile de O Porco de pé
- Segundo Alvarado Feijoo-Montenegro: O mundillo ourensán arredor de Risco
- Alejandro López Outeiriño: Vicente Risco xornalista
- Francisco Fernández del Riego: O Vicente Risco dos vellos tempos
- Arturo Lezcano: Os Artistiñas ou a Xeración Peter Pan
- Manuel Outeiriño: Risco e a leria nacionalista
- Justo Beramendi: Estudo Critico da Teoria do Nacionalismo Galego
Estudos Antón Risco
Cine: Os mundos de Vicente Risco
Exposicións
- Do saudosismo ao atlantismo. De Teixeira de Pascoaes a Vicente Risco.
- PRÉSTAMO DE EXPOSICIÓNS
- Vicente Risco na súa obra, dez grabados de Conde Corbal
- Europa en Vicente Risco
- Folleto da exposición da obra de Manuel Prego de Oliver
- Exposición Debuxos de Antón Risco
- Folleto da exposición Antón Risco visto por Virxilio
- Arquitectura sen arquitectos
- Vicente Risco no nacionalismo galego


