Fundación Vicente Risco
Rúa San Lorenzo, 3
C.P.: 32660
Allariz (Ourense)
Novas
_blog
O sábado 11 de febreiro ás 20’00 horas, na sede da Fundación Vicente Risco, tivo lugar a inauguración da exposición Entroidos Populares Galegos, con fotografías de Henrique Acuña, Xosé Luís Alonso, Victor Vaqueiro, Hixinio Castillo e Xulio Gil. A exposición foi presentada polo comisario da exposición, Henrique Acuña e no acto interviron Teresa Devesa (concelleira de cultura de Allariz) e Arturo Lezcano (vicepresidente da Fundación Vicente Risco) Os participantes, que fixieron unha chamada á trasgresión durante estas festas, salientaron a importancia que para os galegos ten esta manifestación da nosa cultura, tan arraigada no noso patrimonio inmaterial.

BIENAL DA CARICATURA-OURENSE: Do 15 de marzo ao 2 de abril tivo lugar no Liceo de Ourense unha exposición de caricaturas de don Vicente Risco, propiedade da Fundación Vicente Risco, realizadas por diferentes autores (Castelao, Conde Corbal, Fernández Mazas, Huici, Virxilio, ...)
EXPOSICIÓN CULTURAS DO MUNDO. O 2 de abril inaugúrase na sede da Fundación Vicente Risco a exposición Culturas do Mundo organizada pola Escola de Danzas da Deputación Provincial de Ourense.
EXPOBOI. O xoves 25 de maio inagurouse na nosa sede a Exposición de fotografías sobre a Festa do Boi de 2005, organizada pola Fundación Xan de Arzua.
Auspiciada pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, do 2 ao 20 de agosto mostrouse ao público na sede da Fundación a exposición O PAPAGAIO E A PEGADA DOS SENTIDOS, con fotografías de Maribel Longueira e poemas de Luísa Villalta.

O 20 de outubro, ás 20,30 horas, inaugúrase na sede da Fubdación a exposición Manuel María, poeta nacional, organizada pola ASPG. Don Francisco García, alcalde de Allariz, fixo unha semblanza do compromiso do autor chairego para con Galiza e os galegos. Acto seguido ten lugar un recital de poemas a cargo de Teresa Devesa. Encerran o acto Mini e Mero cun emotivo percurso musicado pola obra de Manuel María, moi apreciado polo público asistente.

O martes 31 de outubro un grupo de alumnos do CEIP P. Feijoo de Allariz visita a Fundación Vicente Risco para realizar unha actividade sobre a figura de Manuel María.


Solicitudes
Actividades
Textos Vicente Risco
- CULTURA E NATURA
- Satanás. História do diabo
- Satanás. Historia del diablo
- Mitteleuropa
- Mitología cristiana
- La puerta de paja
- Historia de Galicia
- Elementos de metodología de la historia
- El problema político de Galicia
- El Oriente contado con sencillez
- Teoría do nacionalismo galego
- Sobre el concepto del héroe
- Orden y Caos (Exegesis de los mitos)
- O porco de pé
- Leria
- O bufón d'el rei
- BIBLIOGRAFÍA VICENTE DE RISCO
- Dédalus en Compostela-Français
- Dédalus en Compostela-English
- Dédalus en Compostela-Castellano
- Dédalus en Compostela-Deutsch
- Dédalus en Compostela
- Do futurismo e mais do Karma
- A Coutada
- Os europeos en Abrantes
- Meixelas de rosa
- Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros
- A velliña vella
- Romance de Mouros
- A trabe de ouro e a trabe de alquitrán
- O lobo da xente
- Céltiga
- La zarpa
Unidades didácticas
Estudos Vicente Risco
- Camino Noia: O local e o universal en Vicente Risco
- Arturo Lezcano: Salvador Del Riego
- Camilo Gonsar: "Vicente Risco"
- Arturo Lezcano "O Volter"
- Manuel Outeirno "Sobre A Coutada"
- O porco de pé 80 anos despois: Estudos de Manuel Forcadela, Alva Martínez Teixeiro, Cesar Morán Fraga e Anxo tarrio Varela
- Manuel Outeiriño: O humor político de Risco Estudo introdutorio á edición facsímile de O Porco de pé
- Segundo Alvarado Feijoo-Montenegro: O mundillo ourensán arredor de Risco
- Alejandro López Outeiriño: Vicente Risco xornalista
- Francisco Fernández del Riego: O Vicente Risco dos vellos tempos
- Arturo Lezcano: Os Artistiñas ou a Xeración Peter Pan
- Manuel Outeiriño: Risco e a leria nacionalista
- Justo Beramendi: Estudo Critico da Teoria do Nacionalismo Galego
Estudos Antón Risco
Cine: Os mundos de Vicente Risco
Exposicións
- Do saudosismo ao atlantismo. De Teixeira de Pascoaes a Vicente Risco.
- PRÉSTAMO DE EXPOSICIÓNS
- Vicente Risco na súa obra, dez grabados de Conde Corbal
- Europa en Vicente Risco
- Folleto da exposición da obra de Manuel Prego de Oliver
- Exposición Debuxos de Antón Risco
- Folleto da exposición Antón Risco visto por Virxilio
- Arquitectura sen arquitectos
- Vicente Risco no nacionalismo galego


