Fundación Vicente Risco
Rúa San Lorenzo, 3
C.P.: 32660
Allariz (Ourense)
Novas
_blog
MANUEL PREGO DE OLIVER (OURENSE 1915-1986) INTIMAMENTE VENCELLADO A VICENTE RISCO E ASIDUO ÁS TERTULIAS RISQUIÁS, A SÚA OBRA É UNHA REFERENCIA CONTINUA Á HUMILDADE. DEBUXANTE SEGURO, DE TRAZO NERVOSO E EFECTISTA, TEN OBRA NOS PRINCIPAIS MUSEOS E INSTITUCIÓNS GALEGAS.
A OBRA DE MANOLO PREGO NA FUNDACIÓN VICENTE RISCO (Arturo Lezcano)
Manolo Prego, artista nato e home de nada común intelixencia e mais fonda cultura, está para nós, quen nos beneficiamos da súa presenza cotiá, vencellado dun xeito natural e inveterado a Vicente Risco. Prego figura, pola súa calidade e número, entre o acervo máis salientábel do patrimonio pictórico e escultórico hoxe preservado nesta Fundación. Non é casual, xa que logo, esta mostra segregada dos fondos plásticos da Fundación que leva o nome do mestre.
Mais diciamos que, aos nosos ollos, Risco e Prego formaban unha presenza inseparábel. De certo. Non só pola coincidencia física diaria nas sucesivas tertulias, desde a xeración precedente á de Prego, á última, no entresolo do café Parque, cuio hotel xerenciaba o seu cuñado, o caballeiro intelectual Ernesto Gómez del Valle, frente ao antigo Campo da Feira. Alí xuntabábamonos xentiña de diversas idades e non ideas senón ideoloxías, segundo se adoitaba daquela.
Por riba desa comunión sen dúbida sincretista, preexistía no cerne daquel Ourense prodixioso, inexplicábel mais indiscutibelmente prodixioso, a comunión do espírito. Unha primeira ollada revela o sentimento telúrico da terra -“terra, a nosa”- identifica sen solución de continuidade as criaturas obsesivas de Prego, fundidas nas raízes primordiais que, no devir do humus histórico, precipitou na nazón, a nosa, a dos galegos.
A admiración de Prego por Risco era recíproca, pois don Vicente tiña en gran estima tanto a pintura de Manolo como súa bagaxe teórica. Este respecto e entendemento mutuos non significaba, de ninguna maneira, unha actitude reverencial do Prego, xa que este, defensor ata o milímetro da súa concepción da pintura -e, sobretodo, da súa- levábao a discrepar máis dunha vez dos puntos de vista do mestre. Co pintor ourensano non se podía utilizar como argumento o principio de autoridade por moi fundada que estivese.

TÍTULO: RETRATO DE VICENTE RISCO
TÉCNICA: ACUARELA
DIMENSIÓNS: 46X64
DATA: 195?

TÍTULO: VICENTE RISCO NA TERTULIA DO ROMA
TÉCNICA: DEBUXO A LÁPIZ
DIMENSIÓNS: 10,5X13,5
DATA: 194?

TÍTULO: MULLER LOIRA
TÉCNICA: ACUARELA
DIMENSIÓNS: 19X13,5
DATA: 1934
TÍTULO:AUTORRETRATO
TÉCNICA: GUACH
DIMENSIÓNS: 19X13,5
DATA: 1934
TÍTULO: HOME CON DOUS CAXATOS
TÉCNICA: GUACH
DIMENSIÓNS: 19X13,5
DATA: 193?

TÍTULO: HOME PENSANDO
TÉCNICA: GUACH
DIMENSIÓNS: 19X13,2
DATA: 193?

TÍTULO: DESNUDO CON SABLE
TÉCNICA: DEBUXO A LÁPIZ, COLOREADO
DIMENSIÓNS: 19,5X15,5
DATA: 194?

TÍTULO: BOCETO DE "EL TULIPÁN NEGRO"
TÉCNICA: DEBUXO A LÁPIZ
DIMENSIÓNS: 27,2X16,5
DATA: 194?
TÍTULO: SAN FRANCISCO
TÉCNICA: TINTA NEGRA
DIMENSIÓNS: 20,8X15
DATA: 194?

TÍTULO: XESUCRISTO
TÉCNICA: DEBUXO A LÁPIZ
DIMENSIÓNS: 19,1X13,5
DATA: 1932

TÍTULO: LAVANDEIRA
TÉCNICA: REPRODUCIÓN DUN ORIXINAL A PASTEL (LÁMINA)
DIMENSIÓNS:23,5X33,5
DATA: 19??

TÍTULO: VELLA CON CAN
TÉCNICA: GRAVADO (TARXETA)
DIMENSIÓNS: 20X12,5
DATA: 19??

TÍTULO: SEÑORA CON CESTA E CAN
TÉCNICA: TINTA NEGRA
DIMENSIÓNS: 21X15,5
DATA: 1954
TÍTULO: SOLEDAD
TÉCNICA: CARBONCIÑO
DIMENSIÓNS: 18,5X14,5
DATA: 1932
TÍTULO: DÚAS MULLERES
TÉCNICA: DEBUXO A LÁPIZ
DIMENSIÓNS: 21,2X17,7
DATA: 1912

TÍTULO: SAN FRANCISCO
TÉCNICA: DEBUXO A LÁPIZ
DIMENSIÓNS: 8,5X6
DATA: 19??
TÍTULO: HERMANO
TÉCNICA: DEBUXO A LÁPIZ DE CORES
DIMENSIÓNS: 18,7X13,5
DATA: 19??

TÍTULO: NIÑA
TÉCNICA: DEBUXO A LÁPIZ DE CORES
DIMENSIÓNS: 18,7X13,5
DATA: 19??
TÍTULO: MODISTA
TÉCNICA: DEBUXO A LÁPIZ DE CORES
DIMENSIÓNS: 18,7X14
DATA: 19??

TÍTULO: NOVIOS
TÉCNICA: CERA
DIMENSIÓNS: 18,7X13
DATA: 19??

TÍTULO: RETRATO DUN HOME
TÉCNICA: TINTA AZUL
DIMENSIÓNS: 18,5X12
DATA: 19??

TÍTULO: RETRATO DUN HOME
TÉCNICA: DEBUXO A LÁPIZ
DIMENSIÓNS: 27,5X18
DATA: 19??

TÍTULO: LAVANDEIRA NO LONIA
TÉCNICA: ACUARELA E TINTA
DIMENSIÓNS: 21,5X15
DATA: 1949
Solicitudes
Actividades
Textos Vicente Risco
- BIBLIOGRAFÍA VICENTE DE RISCO
- Dédalus en Compostela-Français
- Dédalus en Compostela-English
- Dédalus en Compostela-Castellano
- Dédalus en Compostela-Deutsch
- Dédalus en Compostela
- Do futurismo e mais do Karma
- A Coutada
- Os europeos en Abrantes
- Meixelas de rosa
- Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros
- A velliña vella
- Romance de Mouros
- Teoria do nacionalismo galego
- A trabe de ouro e a trabe de alquitrán
- O lobo da xente
- Céltiga
- La zarpa
Unidades didácticas
Estudos Vicente Risco
- Camino Noia: O local e o universal en Vicente Risco
- Arturo Lezcano: Salvador Del Riego
- Camilo Gonsar: "Vicente Risco"
- Arturo Lezcano "O Volter"
- Manuel Outeirno "Sobre A Coutada"
- O porco de pé 80 anos despois: Estudos de Manuel Forcadela, Alva Martínez Teixeiro, Cesar Morán Fraga e Anxo tarrio Varela
- Manuel Outeiriño: O humor político de Risco Estudo introdutorio á edición facsímile de O Porco de pé
- Segundo Alvarado Feijoo-Montenegro: O mundillo ourensán arredor de Risco
- Alejandro López Outeiriño: Vicente Risco xornalista
- Francisco Fernández del Riego: O Vicente Risco dos vellos tempos
- Arturo Lezcano: Os Artistiñas ou a Xeración Peter Pan
- Manuel Outeiriño: Risco e a leria nacionalista
- Justo Beramendi: Estudo Critico da Teoria do Nacionalismo Galego
Estudos Antón Risco
Cine: Os mundos de Vicente Risco
Exposicións
- PRÉSTAMO DE EXPOSICIÓNS
- Vicente Risco na súa obra, dez grabados de Conde Corbal
- Europa en Vicente Risco
- Folleto da exposición da obra de Manuel Prego de Oliver
- Exposición Debuxos de Antón Risco
- Folleto da exposición Antón Risco visto por Virxilio
- Arquitectura sen arquitectos
- Vicente Risco no nacionalismo galego


