Biografía e Obra
Vicente Risco:
Antón Risco:
Consulta de Fondos

Fundación Vicente Risco

Rúa San Lorenzo, 3

C.P.: 32660

Allariz (Ourense)

secretaria @ fundacionvicenterisco.com

_blog

 Cursos

Imprimir FVR - 06-Outubro-2004 - 02:00:00 

Ao longo destes anos a Fundación Vicente Risco ten organizado diversos cursos de verán e simposiums en colaboración coas tres universidades galegas, así como con institucións científicas e académicas portuguesas e francesas. Alén dos cursos organizados pola propia Fundación, esta foi convidada a participar activamente en cursos organizados por outras institucións.
.- 1996. Curso sobre As Vangardas, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela
.- 1997 Simposio Galaicos nas Fontes e na Memoria Oral, celebrado en Allariz e Chaves en colaboración coa Universidade de Tras-Os-Monte e Alto Douro e a Universidade de Santiago de Compostela, e financiado pola Câmara Municipal de Chaves.
.- 1999 Curso Autarquía e Contrabando na Sociedade de Posguerra, celebrado en Allariz, en coorganizado coa Universidade de Vigo e o Centro de Estudos de Etnología Portuguesa da Universidade Nova de Lisboa.
.- 2000 Curso Galicia oitenta anos despois, celebrado en Ourense e Allariz, en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo, Universidade de Vigo e o Centro Cultural Simeón dependente da Deputación Provincial de Ourense.
A Fundación é convidada a participar no curso Viagem pela História do Alto Tâmega e Barroso, celebrado en Chaves organizado pola Universidade de Tras-Os-Monte e Alto Douro e a Universidade Senior Flaviense.
.- 2001 Curso A Memoria Histórica nas Sociedades Ibéricas, celebrado en Allariz, coorganizado coa Universidade de Vigo e o Centro de Estudos de Etnología Portuguesa da Universidade Nova de Lisboa, e coa aval científico das Universidaes de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Nova de Lisboa, Universidade de Tras-Os-Monte e Alto Douro e Universite de Franche-Comtê.
.- 2002 A Fundación é convidada a pasrticipar no Coloquio Internacional Patrimónios e Memórias celebrado en Setubal organizado polo Museu de Trabalho Michel Giacometti e o Centro de Estudos de Etnología Portuguesa da Universidade Nova de Lisboa.
.- 2003. O 18 de outubro os participantes no curso Álvaro de las Casas, organizado pola Universidade de Vigo, visitaron a Fundación onde se lles explicou os seus fins, organigrama e funcionamento.

Interactivo
Solicitudes
Actividades
Textos Vicente Risco
Unidades didácticas
Estudos Vicente Risco
Estudos Antón Risco
Cine: Os mundos de Vicente Risco
Exposicións
Publicacións
Enlaces
Subvencionado por:
Visual Q